Mañás de Nadal 2023
Pincha aquí para acceder ao formulario de inscrición
- Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2020
- Datas: de luns a venres, do 22 de decembro ao 5 de xaneiro (agás festivos)
- Lugar: instalacións de salesianos
- Horario: de 9:30 a 14:00 horas
- Servizo opcional de madrugadores desde as 8:30
Inscricións
As actividades organízanse por semanas e podedes inscriviros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.
Podedes realizar a vosa inscrición ata o 21 de decembro para garantir a praza.
A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata o xoves anterior á semana na que querades anotarvos e sempre e cando haxa prazas libres.
Prezos
Os prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás.
O día 22 de decembro conta como día solto. P. ex. se a inscrición que se quere realizar é do 22 de decembro ao 5 de xaneiro o prezo será de 1 día solto + 2 semanas = 85€.
1 semana | 2 semanas | Días soltos | |
---|---|---|---|
Xeral | 40€ | 75€ | 10€ / día |
Socios/as Abeiro* ou ANPA** | 32€ | 60€ | 8€ / día |
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación
Irmán/s
No caso de irmá/ns aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións da segunda irmá/n en adiante.
1 semana | 2 semanas | Días soltos | |
---|---|---|---|
Xeral | 38€ | 71€ | 9€ / día |
Socios/as Abeiro* ou ANPA** | 30€ | 57€ | 7€ / día |
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación
Madrugadores
Prezo único | 3€ / día e persoa |
Devolucións
En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 19 de xuño.
A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.