Campamentos IEF 2024
Datas, lugares e cotas
As cotas inclúen:
- Transporte dende o centro xuvenil ata o lugar do campamento (ida e vuelta nos días estipulados)
- Aloxamento e manutención durante os días de campamento, material e todo o necesario para o seu desenvolvemento.
Preinscrición
- Periodo: ata o 22 de marzo
- Os e as participantes que se inscriban neste prazo terán a praza asegurada.
- Prezo:
- Saltimbanquis: 15€
- Andaina: 50€
- ADS: 50€
- Adolescentes: 50€
- Xuventude 1 e 2: 50€
- Xuventude 3: 15€
- Enlace ao formulario:
Inscrición
- Periodo: do 22 de marzo ao 31 de maio.
- No caso de non ter a preinscrición feita deberase consultar antes co centro xuvenil a dispoñibilidade de prazas.
- Deberá descargar, cubrir e entregar a seguinte ficha:
- Xunto coa ficha deberase pagar o restante da cota de inscrición (o total da cota menos o xa pagado na preinscrición).
Pagos
No momento de realizar a preinscrición recibirá as instrucións de como realizar o pago. Anote o número de conta para realizar máis adiante o pago total durante o periodo de inscrición.
Devolucións
- Se se produce a baixa durante o periodo de preinscrición (antes do 22 de marzo) devolverase a cota aportada.
- Se se produce antes do 31 de maio devolverase o aportado excepto a cota de preinscrición.
- Se a baixa se produce despois do 31 de maio non se devolverá nada do aportado.
- Se é por motivo xustificado de causa maior devolverase o 100% do aportado.
Lista de espera
No caso de que unha persoa se inscriba fóra do periodo de preinscrición e non haxa prazas dispoñibles poderase inscribir igualmente mediante o enlace da preinscrición e poñerase en lista de espera.
As persoas que estean en lista de espera non precisan pagar nada.