Somos unha asociación sen ánimo de lucro vencellada á presenza Salesiana de A Coruña.

Fundada o 28 de decembro de 1993, levamos a cabo desde entón diferentes proxectos que teñen por finalidade xeral a de contribuír no tempo libre á educación e promoción integral da infancia e a mocidade.

Os nosos proxectos e actividades tentan desenvolver propostas centradas nas nenas, nenos, mozas e mozos, favorecendo o seu crecemento integral e dando importancia ao ambiente, aos grupos e á relación persoal.

Pertencemos á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, entidade promovida polos distintos distintos centros xuvenís salesianos de Galicia, que traballa no eido da prevención, da educación do tempo libre, da animación xuvenil, na promoción da lingua e cultura galegas e do desenvolvemento sociocultural.