Bo goberno

Compromisos éticos

O Centro Xuvenil Abeiro, en coherencia cos seus valores e co seu compromiso coa transparencia e rendición de contas, establece a continuación unha relación de compromisos éticos de comunicación coa finalidade de transmitir á sociedade información veraz e confiable:

  • Polo menos unha vez ao ano informará aos seus socios, doantes e colaboradores sobre as actividades da organización.
  • Son requisitos para levar a cabo a comunicación de forma eficiente contar con correo electrónico institucional e páxina web propia en funcionamento, con información de todas as actividades da organización.
  • A organización poñerá ao dispor de quen o solicite a memoria anual de actividades e a memoria económica anual.
  • As campañas de publicidade, captación de fondos e información pública reflectirán de maneira fiel os obxectivos e a realidade da organización e non inducirán a erro.
  • Prestarase especial atención ao tratamento de asuntos que afecten á infancia e á mocidade e respectarase o dereito á intimidade dos menores.

O Centro Xuvenil Abeiro asume o compromso de previr, detectar e actuar de forma contundente no seu ámbito de actuación contra calquera modalidade de violencia contra as persoas, exspecialmente menores de idade e persoas adultas en situación de vulnerarabilidade.

Estatutos

Proposta educativa

O Centro Xuvenil Abeiro asume como proposta educativa a dos Oratorios e Centros Xuvenís Salesianos

O Centro Xuvenil Abeiro responde ao compromiso que o identifica, como entidade socioeducativa, cos principios recollidos na Lei Orgánica 3/2007 para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, incluíndo de forma transversal este enfoque de xénero dentro da súa identidade. Por isto, ten adoptado o Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades que establece un marco de actuación que sexa vehículo para alcanzar unha verdadeira igualdade de oportunidades dentro dos centros e asociacións da Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco.

Plan de Voluntariado

O Centro Xuvenil Abeiro é unha entidade que non se pode entender sen a acción voluntaria de moitas persoas mozas, que dedican o seu tempo nos diversos programas que se coordinan desde a entidade e temos adoptado como propio o Plan de Voluntariado aprobado no marco da Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco de España.