Misión, valores e visión

A nosa misión é a de favorecer o crecemento e a maduración das persoas dende unha visión cristiá da vida acordo co estilo salesiano que pretende formar “bos cristiáns e honrados cidadáns” e segundo o cal tratamos de:

  • Responder, con medios concretos de tipo persoal, cultural ou social, aos intereses, inquedanzas e necesidades máis profundas de cada persoa, nun clima de liberdade, responsabilidade e respecto.

  • Facer unha proposta de valores cristiáns e posibilitar a súa experiencia.

  • Favorecer a creación dunha comunidade educativa na que os seus integrantes vivan e compartan experiencias de enriquecemento persoal.

  • Axudar á infancia e mocidade a medrar na responsabilidade e no compromiso por crear un mundo mellor para todas as persoas.

Deste xeito o noso Centro Xuvenil opta por unha educación dende o ámbito non formal cos seguintes valores e visión:

  • Centrada na persoa, que se insire na sociedade e a transforma.

  • Fundamentada na Fe e nos valores evanxélicos.

  • Que unifica nun mesmo proceso a maduración humana-cristiá, a promoción social e a animación no tempo libre.

  • Que fundamenta o seu estilo educativo na relación persoal coa persoa moza nun ambiente de familia, comprometido co barrio, a zona e a comunidade á que pertence e aberta a dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables da nosa sociedade e dos países máis necesitados.

  • Que promove a igualdade e a convivencia de xénero.

  • Que promove unha educación sexual coherente cos valores de respecto entre as persoas e as súas diferentes opcións.

  • Que promove unha educación para a saúde.

  • Que promove a lingua e a cultura galega.

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter