MAÑÁS DE VERÁN 2023

REMATADO O PERIODO DE INSCRICIÓN PERO PODE CONTACTAR CONNOSCO PARA CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE

  • Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2011 e 2019
  • Datas: de luns a venres, do 26 de xuño ao 28 de xullo e do 14 de agosto ao 1 de setembro (agás festivos)
  • Lugar: instalacións de salesianos
  • Horario: de 9:30 a 14:00 horas
    • Servizo opcional de madrugadores desde as 8:30

 + info a continuación

Inscricións

As actividades organízanse por semanas e podedes inscriviros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.

Podedes realizar a vosa inscrición ata o 12 de xuño para garantir a praza.

A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata o xoves anterior á semana na que querades anotarvos e sempre e cando haxa prazas libres.

Prezos

1 semana2 semanas3 semanas4 semanas5 semanas ou +Días soltos
Socios/as*32 €60 €88 €116 €28 € / semana8 € / día
Non socios/as40 €75 €110 €145 €35 € / semana10 / día

* Considéranse socios/as aqueles rapaces/zas que durante o curso estiveron inscritos/as nas actividades de Saltimbanquis, Andaina e ADS.

Irmán/s

No caso de irmá/ns aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións da segunda irmá/n en adiante.

1 semana2 semanas3 semanas4 semanas5 semanas ou +Días soltos
Socios/as*30 €57 €83 €110 €26 € / semana7 € / día
Non socios/as38 €71 €105 €138 €28 € / semana9 / día

Madrugadores

Semana enteira8 € / persoa e semana
Días soltos2 € / persoa e día

Estes prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás.

Devolucións

En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 12 de xuño.

A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.