XXI Campamento Urbano 2026 – “Onde nace a lenda”

A Asociación Centro Xuvenil Abeiro presenta o seu XXI CAMPAMENTO URBANO “Onde nace a lenda”.

O Campamento Urbano trátase dunha actividade de balde dirixida a nenas e nenos que pasan as súas vacacións na cidade da Coruña.

É un campamento con catro características fundamentais: abertogratuítona cidade e con continuidade.

Con esta proposta pretendemos que as nenas e nenos descubran a cidade de A Coruña dun xeito diferente e por último darnos a coñecer e animalas/os xunto ás súas familias a continuar participando das nosas actividades o resto do ano.

Destinatarios

  • Nenos e nenas nados/as entre os anos 2011 e o 2019
  • Para a xente moza (aqueles que cursaron este ano 4º da ESO en adiante) existe a posibilidade de participar como preanimadores. Máis info pinchando aquí.

Datas e Horarios

  • do 27 de xullo ao 7 de agosto
  • de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas1

Lugares no que se desenvolve

O obxectivo deste campamento é coñecer a cidade polo que practicamente todos os días serán fóra das instalacións do Centro Xuvenil (Salesianos).

Normalmente a recollida e entrega farémola desde o colexio salesianos pero puntualmente marcaremos outros lugares.2

  1. Haberá 2 días no que sairemos á praia e o horario verase modificado. ↩︎
  2. Antes do comezo do campamento mandaremos a información detallada ás familias indicando tanto os días no que sairemos á praia como os lugares de recollida e entrega de cada día e toda a información precisa. ↩︎

Queres ver un resumo do ano pasado?