XX Campamento Urbano 2025 – “Memorias da cidade”

A Asociación Centro Xuvenil Abeiro presenta o seu XX CAMPAMENTO URBANO “Memorias da cidade”.
Destinatarios
- Nados/as entre os anos 2010 e o 2018
Datas e Horarios
- do 28 de xullo ao 8 de agosto
- de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas1
Lugares no que se desenvolve
O obxectivo deste campamento é coñecer a cidade polo que practicamente todos os días serán fóra das instalacións do Centro Xuvenil / Salesianos.
Normalmente a recollida e entrega farémola desde o colexio salesianos pero puntualmente marcaremos outros lugares.2
Inscricións
- Inscricións pechadas
O Campamento Urbano trátase dunha actividade de balde dirixida a nenas e nenos que por diversas razóns, pasan as súas vacacións na cidade da Coruña.
É un campamento con catro características fundamentais: aberto, gratuíto, na cidade e con continuidade.
Con esta proposta pretendemos que as nenas e nenos descubran a cidade de A Coruña dun xeito diferente e por último darnos a coñecer e animalas/os xunto ás súas familias a continuparticipando das nosas actividades o resto do ano.
