Pombas solidarias
En colaboración coa O.N.G.D. Mans Unidas, realízase esta actividade para promover a sensibilidade e a solidariedade cos problemas dos países do Terceiro Mundo. Ambiéntase o lugar cunhas carteleiras informativas da campaña de Mans Unidas e co proxecto co cal se colabora, ademais de facer unha serie de actividades, obradoiros e xogos.
Obxectivos:
- Sensibilizar aos/ás nenos/nenas, rapaces/rapazas coa labor que realizan as ONGs, especialmente Mans Unidas, en favor do Terceiro Mundo.
- Colaborar coa campaña que todos os anos organiza Mans Unidas.
- Potenciar a sensibilización da nosa cidade cara valores coma a solidariedade e a xustiza.
Actividades:
- Grande actividade conxunta de todos os grupos do Itinerario. De carácter informativo, de recolleita de donativos e obradoiros e xogos relacionados coa temática da campaña.
Destinatarios:
- Máis de 150 nenas/nenos, rapazas/rapaces de entre 8 e 19 anos.
Lugar e datas:
- Nun espazo céntrico da cidade, no sábado máis próximo á campaña.