Sons Abeiro
Obxectivos:
- Facilitar un espazo para pór en común as calidades musicais dos mozos e mozas.
- Promover e potenciar a sensibilidade musical dos mozos e mozas.
- Favorecer a autonomía e organización na xestión da sala, así como a responsabilidade do seu uso.
O acceso a esta sala sería libre, mais baixo unha serie de compromisos escritos e ao cal terían que se comprometer todas as persoas que fixesen uso da mesma.
Horario:
- De luns a mércores: 16:30-18:00
- Venres: 18:30 a 21:30
Prezo:
Para poder empregar a Sala cobrarase un prezo simbólico para cada ensaio de 1€ por cada membro do grupo.
Destinatarios:
Rapaces e rapazas de Sala Aberta que saiban tocar algún instrumento e que participaran previamente nalgunha das actividades musicais propostas polo Centro Xuvenil e Grupos, previa aceptación das normas e cumprimentación da ficha de datos.
A solicitude da Sala ten que facerse á Coordinadora do Centro Xuvenil.
{addthis off}