Curso gratuito de Emprendemento Social
A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia pon en marcha o curso gratuito de Emprendemento Social para mozos/as, destinado a 40 mozos de Galicia que teñan entre 15 e 26 anos. Este curso atópase enmarcado dentro do programa Think Big, da Fundación Telefónica, levándose a cabo en Vigo durante dúas xornadas, o 5 e 12 de abril.
O obxectivo do curso é dotar aos xoves dunha formación e medios para poder levar a cabo ideas de carácter social coa finalidade de poder desenvolvelas no ámbito local.
A formación recibida polos xoves pode ser un paso previo para incorporarse ao programa Think Big que comezará en Xuño de 2014. Se a idea é seleccionada, a Fundación Telefónica apoiará con formación especializada, mentor/a persoal que axudará ao desenvolvemento da idea e 400 euros para desenvolver as ideas premiadas.
Toda a información sobre o curso e para inscribirse nel tédela neste enlace.
{source}
<a data-lightbox="title: Curso de Emprendemento Social" href="/web/images/novasweb/curso_emprendemento_think_big.jpg"><img src="/web/images/novasweb/curso_emprendemento_think_big.jpg" align="middle" border="0" width="400" style="border: 0;" /></a>
{/source}