Encontro de Comisións

DATA: domingo, 2 de Abril LUGAR: CX Don Bosco (Santiago de Compostela) HORA: 17:00/19:00 Encontro de Comisións de Ritmo aberto e centros de interese: - MÚSICA. - SALAS MOZAS-PIX. - INFORMÁTICA Neste encontro búscase falar, intercambiar experiencias, propoñer, coñecer outras realidades, preguntar. Está aberto a tódolos interesados-as, pregunta no teu Centro Xuvenil. Tamén se xuntarán este día as seguintes comisións de ritmo propio: - Galiza. - Campamentos urbanos.

17 de marzo

Hoxe, venres, ás 20:30 haberá apresentación da páxina web de abeiro a cargo do equipo de informática. Mañá, sábado, ás 20 horas, Jaime Martínez dinamizará o obradoiro de divulgación e coñecemento do universo. O sábado e domingo, representantes do noso centro xuvenil participarán na Asemblea Inspectorial de Centros Xuvenís en Santiago de Compostela.

23 de marzo

Saúdos compañeiros e compañeiras!

Mañá venres, haberá reunións dos distintos grupos do itinerario para preparar as actividades do sábado.

O sábado, día 25, hai xuntanza Andaina en Eirís, imposición de panos de Tardes Abertas na Maestranza e Xornada Inspectorial de Familia Salesiana e Marxinación.

O domingo, á mañá, haberá encontro local de animadores e animadoras de Abrente.

O martes, día 28, xúntase o CPA contra as 19:30.

Hoxe, ás 20:30, teremos oración.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter