Operación Quilo 2021

 

Como todos os anos por estas datas, ¡chega a Operación Quilo!

Este ano, co lema "Quilos que dan vida", axudaremos a preto de 70 familias da nosa contorna e gustaríanos que nos axudarades.

Do 9 ao 21 de decembro faremos unha recollida de alimentos non perecedoiros e de produtos de limpeza e hixiene, así como de aportacións económicas que invertiranse nestes produtos.

Para ilo podes achegarte ao noso Centro Xuvenil (Rúa Don Bosco 1) como á parroquia María Auxiliadora (Rúa Hospital 7).

Tamén teremos un punto de recollida de produtos no supermercado Familia de Ramón del Cueto.

Outro xeito de colaborar é participando nas seguintes actividades que temos preparadas, cuxos requisitos son incribirse nos formularios correspondentes e aportar un 1kg de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza e hixiene por cada participante.

 

Torneo de FIFA Torneo de Fútbol Sala Mixto

12 - 18 anos

Formulario de inscrición:

https://forms.gle/xESKF3Bw6Jfaa8JRA

+18 anos

Formulario de inscrición:

 https://forms.gle/GhmTbW628J6oN4w69

 

Mañás de Nadal 2021

CAMPOBOSCO e DONBOSCO.CONTIGO 2021

 

Do 26 ao 28 de novembro terá lugar en León os encontros de DonBosco.contigo (Iniciación I e II) e Campobosco (Catecumenado 1, 2 e 3).

O prezo por persoa participante é de 55€, onde van incluídos os costes de desprazamento, estancia e manutención. A excepción da cea da primeira noite, que corre a cargo de cada un/unha. Para pagar podedes facelo por transferencia á seguinte conta bancaria:

  • ES59 2100 2109 4102 0025 2734

O prazo de inscrición rematará o 21 de novembro

Os horario de saída e chegada comunicaranse posteriormente unha vez se organicen os desprazamentos.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter

Entidades colaboradoras