Venres Inquedo – Misterios ocultos na Biblia?

Este venres 24 de xaneiro ás 20:00 terá lugar no C.X. Abeiro (Sala de Audiovisuais) o primeiro encontro deste ano dos Venres Inquedos organizados pola Pastoral Xuvenil Diocesana.

En cada un dos Venres Inquedos proponse un tema para o que se convida a un experto que comparta o seu testemuño e coñecemento.

Despois compártese unha cea durante a que se establece un coloquio coa persoa relatora.