Programa solidario da asociaciación a través do cal tentamos que as persoas desfavorecidas e excluídas e os seus problemas estean presentes na actividade cotiá do noso centro xuvenil e que, a través da colaboración en pequenos proxectos, quenes conforman Abeiro axuden a transformar a realidade que os arrodea.

Entre as súas actividades destaca a seguinte:

Campaña que se desenvolve no Nadal e que consiste na recollida de todo tipo de alimentos de primeira necesidade e non perecedoiros a curto prazo, así como produtos de limpeza e hixiene.

Para repartir, a través de Cáritas Parroquial e a Fundación JuanSoñador, entre familias do noso barrio que máis o precisan.

Obxectivos

  • Educar á xente moza no valor de compartir
  • Concienciar á infancia e mocidade sobre os problemas de desigualdade e inxustiza que está a padecer a maioría da xente do noso planeta
  • Comprometer á mocidade coa realidade das persoas en risco de exclusión da nosa cidade

Lugar e datas

Durante todo o mes de decembro nos diferentes ambientes da casa salesiana de A Coruña