XXI Campamento Urbano ’26 – Onde nace a lenda

Autorizacións saídas

Estas circulares deberanse entregar cubertas o día anterior de cada saída como data límite.

Lugares de comezo e fin

A maior parte das actividades desenvólvense en diferentes espazos da cidade, saíndo desde o colexio e volvendo a él no horario establecido (9:30 e 13:30).

Aínda así haberá algúns días que por motivos das distancias precisaremos cambiar os puntos de encontro e outros nos que sairemos da cidade e as horas poderán cambiar.

A continuación tedes un resumo dos lugares de cada día.

Semana 1

Luns 27Martes 28Mércores 29Xoves 30Venres 31
Salesianos
Portón Pº Marítimo
Salesianos
Portón Pº Marítimo
Salesianos
Portón Pº Marítimo
Salesianos*
(Praia de Cabanas)
Monte de San Pedro
Entrada ao parking

Semana 2

Luns 3Martes 4Mércores 5Xoves 6Venres 7
Salesianos
Portón Pº Marítimo
Torre de Hércules
Estatua de Breogán
Maestranza
Parking reitorado
Salesianos*
(Xuntanza Vigo)
Salesianos
Portón Pº Marítimo

*O Xoves 30 de agosto faremos unha saída á praia de Cabanas e o día 6 teremos en Vigo a Xuntanza de Campamentos Urbanos dos Centros Xuvenís Salesianos de Galicia.

Estes días as actividades serán de mañá e tarde, polo que os horarios serán diferentes. Tédelos nas autorizacións que vos entregaremos para estes días.

Buses

Monte de San Pedro

  • Liñas:  3 e 3A.
    • 12 e 14 paran no alto dos Rosales.

Torre de Hércules

  • Liñas:  3, 3A e 5.

Maestranza

  • Liñas: 3, 5, 7 e 17.

Podedes consultar os horarios e liñas de autobuses na súa web.

Normas

Para a boa marcha do campamento agradecemos que cumprades coas seguintes normas:

  • Puntualidade no comezo e remate da actividade
  • Traer roupa e calzado cómodo, así como unha gorra
  • Traer merenda e unha pequena botella de auga ou cantimplora co nome nela
  • Quen veña recoller o neno/a deberá traer o DNI/NIE para ser identificado/a
    • Só poderán recoller aos nenos/as as persoas indicadas como autorizadas na inscrición. No caso de querer engadir alguén máis deberán notificalo previamente indicando o nome, apelidos e DNI/NIE.

Contacto

  • E-mail: curbano@cxabeiro.org
  • Teléfono: 693 846 023 (horario de 9:00 a 14:00)