Integrada na proposta educativa salesiana Itinerario de Educación na Fe, trátase dunha opción para rapazas e rapaces de entre 6 e 18 anos que pretende o desenvolvemento de valores e actitudes humanas e cristiás.

Este programa está composto dos seguintes proxectos:

Para nenas e nenos de entre os 6 e os 9 anos.

Pretende educar en valores, acollendo coma método de aprendizaxe a dimensión lúdica, dende o estilo salesiano de Xoán Bosco. Tendo como base as aventuras de Juanito e os seus amigos/as.

Obxectivos

  • Educar en valores humano-cristiáns dende o xogo
  • Crear un clima de acollida e amizade entre as nenas e nenos e as animadoras e animadores
  • Dar a coñecer as posibilidades que ten o xogo coma medio de aprendizaxe

Horario

  • Os venres de 17:30 a 19:30

Actividades destacadas

  • Acampadas.
  • Imposición de símbolos.
  • Xuntanza anual cos demais grupos Saltimbanquis dos centros xuvenís salesianos de Galicia.
  • Campamento de Verán tamén cos demais grupos de Galicia.

Para nenas e nenos entre os 9 e os 12 anos.

Pretende educar en valores humano-cristiáns a través de xogos e aventuras, tendo coma base o “Mundo dos Gnomos” e as “Sete regras de ouro do Bosque Andaina”.

Obxectivos

  • Educar en valores humano-cristiáns a través do xogo.
  • Favorecer o crecemento e desenvolvemento persoal de todas as dimensións.
  • Favorecer o descubrimento da propia persoa e do contorno (persoas, acontecementos, natureza) de xeito máis autónomo e obxectivo.
  • Valorar a importancia do grupo para camiñar xuntos.

Estes obxectivos concretámolos nas “Sete Regras de Ouro”, que calquera Andaina debe respectar:

  1. Respectamos, protexemos e amamos a natureza.
  2. Formamos un grupo unido e sentímonos irmáns.
  3. Somos limpos, ordenados, aplicados e aproveitamos o tempo.
  4. Estamos sempre dispostos a axudar a quen o precise; somos xenerosos e compartimos todo.
  5. Somos alegres e divertidos; levamos a ledicia aos/ás demais.
  6. Somos sinceros, obedientes e agradecidos con todas/todos.
  7. Rexeitamos a violencia e traballamos pola paz.

Horario

  • Os venres de 17:30 a 19:30

Actividades destacadas

  • Acampadas.
  • Imposición de símbolos.
  • Xuntanza anual cos demais grupos Andaina dos centros xuvenís salesianos de Galicia.
  • Campamento de Verán tamén cos demais grupos de Galicia, Asturias e Castilla y León.

Dirixido a rapazas e rapaces de entre os 12 e 14 anos.

Neste proxecto tentamos traballar distintos valores humano-cristiáns (amizade, solidariedade, ledicia, diálogo, respecto, responsabilidade, compromiso, xustiza, creatividade, paz, ecoloxía…) desde unha clave lúdica e empregando a metodoloxía da aventura.

Obxectivos

  • Potenciar e vivenciar valores humano-cristiáns a través de todo tipo de actividades lúdicas (xogos, deportes, obradoiros, festas, saídas…).
  • Axudar a desenvolver e consolidar as calidades, capacidades, actitudes e valores das rapazas e rapaces.

Horario

  • Os sábados de 16:30 a 18:30

Actividades destacadas

  • Acampadas.
  • Imposición de símbolos.
  • Xuntanza anual cos demais grupos ADS dos centros xuvenís salesianos de Galicia.
  • Campamento de Verán tamén cos demais grupos de Galicia, Asturias e Castilla y León.

Dirixido a rapazas e rapaces de entre os 14-16 anos (Adolescentes), os 16-19 (Xuventude) e os 19-23 (Catecumenado).

Desenvólvese a través de pequenos grupos organizados por idades onde se lles convida a coñecer o estilo de vida de Xesús, fomentar o espírito crítico e medrar coma persoas dun xeito integral.

Obxectivos

  • Axudar a cada mozo e moza a camiñar na procura da súa identidade persoal e no descubrimento dos seus mellores valores coma persoa.
  • Traballar na consolidación dos grupos e medrar no senso de pertenza a eles.
  • Descubrir a figura liberadora e humanizadora de Xesús de Nazaré.
  • Levar a cabo propostas de transformación do ambiente, colaborando, activa e críticamente, no seu contorno máis inmediato.

Horario

  • Cada grupo establece o seu horario ao inicio de cada curso.

Actividades destacadas

  • Encontro ADOS e Campobosco: xuntanzas anuais de grupos de Adolescentes e Xuventude, respectivamente, cos grupos de Galicia, Asturias e a meirande parte de Castilla y León.
  • Xuntanza anual cos demais grupos Adolescentes e Xuventude dos centros xuvenís salesianos de Galicia.
  • Pascuas Xuvenís: xuntanzas en Semana Santa que se celebran con rapaces destas idades doutras comunidades autónomas.
  • Campamentos de verán