Mañás de Verán 2025

  • Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2021
  • Datas: de luns a venres (agás festivos)
    • do 23 de xuño ao 24 de xullo
    • e do 11 de agosto ao 5 de setembro
  • Lugar: instalacións de salesianos
  • Horario: de 9:30 a 14:00 horas
  • Servizo opcionais
    • Madrugadores desde as 8:00
    • Mediodía de 14:00 a 15:30

Inscricións

As actividades organízanse por semanas e podedes inscriviros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.

Podedes realizar a vosa inscrición ata o 15 de xuño para garantir a praza.

A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata completar aforo.

Prezos

1 semana2 semanas3 semanas4 semanas5 semanas ou +Días soltos
Xeral50 €96 €141 €180 €44 € / semana13 € / día
Socios/as Abeiro*, ANPA** ou Club Salesianos Coruña***40 €77 €113 €144 €35 € / semana8 € / día

* Considéranse socios/as de Abeiro aqueles rapaces inscritos nas actividades de Saltimbanquis e Andaina
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación

*** Deportistas do Club Salesianos Coruña, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verficiación co club

Os prezos para as semanas cun festivo no medio, no caso de anotarse nelas como única semana, será de 40€ (xeral) e de 32€ (socios/as).

Irmán/s

No caso de irmáns/ás aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións do segundo irmán/á en adiante.

1 semana2 semanas3 semanas4 semanas5 semanas ou +Días soltos
Xeral48 €91 €134 €171 €42 € / semana12 € / día
Socios/as Abeiro*, ANPA** ou Club Salesianos Coruña***38 €73 €107 €137 €33 € / semana8 € / día
* Considéranse socios/as de Abeiro aqueles rapaces inscritos nas actividades de Saltimbanquis e Andaina
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación

*** Deportistas do Club Salesianos Coruña, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verficiación co club

Os prezos para as semanas cun festivo no medio, no caso de anotarse nelas como única semana, será de 38€ (xeral) e de 30€ (socios/as).

Madrugadores

Semana enteira15 € / persoa e semana
Días soltos4,50 € / persoa e día

Os prezos para as semanas cun festivo no medio, no caso de anotarse nelas como única semana, será de 12€.

Mediodía

Quen queira quedarse ao mediodía poderá traer a súa friameira ou ben anotarse ao servizo comedor.

Semana enteiraDía solto
Friameira15 € / persoa e semana4,50 € / persoa e día
Comedor45 € / persoa e semana10 € / persoa e día

Os prezos para as semanas cun festivo no medio, no caso de anotarse nelas como única semana, será de 12€ para a modalidade friameira e 36€ para comedor

Devolucións

En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 15 de xuño.

A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.