Mañás de Verán 2024

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO

  • Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2020
  • Datas: de luns a venres (agás festivos)
    • do 25 de xuño ao 26 de xullo
    • e do 12 de agosto ao 6 de setembro
  • Lugar: instalacións de salesianos
  • Horario: de 9:30 a 14:00 horas
    • Servizo opcional de madrugadores desde as 8:30

Inscricións

As actividades organízanse por semanas e podedes inscriviros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.

Podedes realizar a vosa inscrición ata o 16 de xuño para garantir a praza.

A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata o xoves anterior á semana na que querades anotarvos e sempre e cando haxa prazas libres contactactando con cxabeiro@cxabeiro.org.

Prezos

1 semana2 semanas3 semanas4 semanas5 semanas ou +Días soltos
Xeral45 €86 €127 €162 €40 € / semana11 € / día
Socios/as Abeiro* ou ANPA**36 €69 €102 €130 €32 € / semana8 € / día

* Considéranse socios/as de Abeiro aqueles rapaces inscritos nas actividades de Saltimbanquis e Andaina
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación

Irmán/s

No caso de irmáns/ás aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións do segundo irmán/á en adiante.

1 semana2 semanas3 semanas4 semanas5 semanas ou +Días soltos
Xeral43 €82 €121 €154 €38 € / semana11 € / día
Socios/as Abeiro* ou ANPA**34 €66 €96 €123 €30 € / semana8 € / día
Considéranse socios/as de Abeiro aqueles rapaces inscritos nas actividades de Saltimbanquis e Andaina
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación

Madrugadores

Semana enteira12 € / persoa e semana
Días soltos3 € / persoa e día

Estes prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás.

Devolucións

En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 16 de xuño.

A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.