MAÑÁS DE VERÁN 2023
REMATADO O PERIODO DE INSCRICIÓN PERO PODE CONTACTAR CONNOSCO PARA CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE
- Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2011 e 2019
- Datas: de luns a venres, do 26 de xuño ao 28 de xullo e do 14 de agosto ao 1 de setembro (agás festivos)
- Lugar: instalacións de salesianos
- Horario: de 9:30 a 14:00 horas
- Servizo opcional de madrugadores desde as 8:30
+ info a continuación
Inscricións
As actividades organízanse por semanas e podedes inscriviros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.
Podedes realizar a vosa inscrición ata o 12 de xuño para garantir a praza.
A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata o xoves anterior á semana na que querades anotarvos e sempre e cando haxa prazas libres.
Prezos
1 semana | 2 semanas | 3 semanas | 4 semanas | 5 semanas ou + | Días soltos | |
---|---|---|---|---|---|---|
Socios/as* | 32 € | 60 € | 88 € | 116 € | 28 € / semana | 8 € / día |
Non socios/as | 40 € | 75 € | 110 € | 145 € | 35 € / semana | 10 / día |
* Considéranse socios/as aqueles rapaces/zas que durante o curso estiveron inscritos/as nas actividades de Saltimbanquis, Andaina e ADS.
Irmán/s
No caso de irmá/ns aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións da segunda irmá/n en adiante.
1 semana | 2 semanas | 3 semanas | 4 semanas | 5 semanas ou + | Días soltos | |
---|---|---|---|---|---|---|
Socios/as* | 30 € | 57 € | 83 € | 110 € | 26 € / semana | 7 € / día |
Non socios/as | 38 € | 71 € | 105 € | 138 € | 28 € / semana | 9 / día |
Madrugadores
Semana enteira | 8 € / persoa e semana |
Días soltos | 2 € / persoa e día |
Estes prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás.
Devolucións
En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 12 de xuño.
A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.