Mañás de Nadal 2024
- Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2021
- Datas: de luns a venres, do 23 de decembro ao 3 de xaneiro (agás festivos)
- Lugar: instalacións de salesianos
- Horario: de 9:30 a 14:00 horas
- Servizos opcionais:
- Madrugadores desde as 8:00
- Mediodía de 14:00h a 15:15 coa posibilidade de que os rapaces/zas coman neste tempo traendo unha friameira coa súa comida
- Servizos opcionais:
Inscricións
As actividades organízanse por semanas e podedes inscribiros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.
Podedes realizar a vosa inscrición ata o 18 de decembro para garantir a praza.
A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata o xoves anterior á semana na que querades anotarvos e sempre e cando haxa prazas libres.
Prezos
Os prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás.
1 semana | 2 semanas | Días soltos | |
---|---|---|---|
Xeral | 45 € | 86 € | 12 € / día |
Socios/as Abeiro* ou ANPA** | 36 € | 69 € | 9 € / día |
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación
Irmán/s
No caso de irmá/ns aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións da segunda irmá/n en adiante.
1 semana | 2 semanas | Días soltos | |
---|---|---|---|
Xeral | 43 € | 82 € | 12 € / día |
Socios/as Abeiro* ou ANPA** | 34 € | 66 € | 9 € / día |
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación
Servizos opcionais
€ / semana | Días soltos | |
---|---|---|
Madrugadores | 12 € / semana | 3 € / día |
Mediodía | 12 € / semana | 3 € / día |
Devolucións
En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 18 de decembro.
A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.