Proposta para a infancia e mocidade no seu tempo libre que pretende compatibilizar o goce, o descanso e a diversión co crecemento e desenvolvemento libre das persoas.

Este programa concrétase nos seguintes proxectos:

Este proxecto vai dirixido ás mozas e mozos de 12-13 anos en diante e tenta ofrecer, dende o tempo libre e de lecer, un espazo onde poidan estar e desenvolver os seus intereses, gustos, inquedanzas…

Obxectivos

  • Xerar un espazo de lecer axeitado aos intereses, gustos, necesidades, expectativas e inquedanzas das mozas e mozos
  • Promover e potenciar un ambiente lúdico-educativo onde se sintan acollidas/os
  • Facilitar o seu desenvolvemento psicomotor, afectivo e social a través do lecer
  • Potenciar unha vivencia do lecer baseada na convivencia
  • Posibilitar o acceso a medios ou instrumentos lúdicos
  • Posibilitar o acceso a información xuvenil
  • Facilitar o desenvolvemento dos seus proxectos e ideas
  • Favorecer o estabelecemento dunha visión alternativa do tempo de lecer no conxunto da mocidade e da poboación

Actividades

Ludoteca, Audioteca, Punto de Información Xuvenil, Hemeroteca, Banda Deseñada, Andel (exposicións, presentacións de libros, charlas, animación á lectura…), Cinema, Obradoiro de Guitarra, Carreiros e todas aquelas actividades propostas polas rapazas e rapaces.

Datas e horarios

Desde comezos de outubro ata finais de xuño

  • Martes de 18:00 a 20:00
  • Mércores de 17:30 a 20:00
  • Xoves de 18:00 a 20:00
  • Venres de 18:00 a 21:00
  • Sábados de 16:00 a 21:00

É unha actividade dirixida a rapazas e rapaces de 6 a 12 anos que por diversas razóns pasan as súas vacacións de verán na Coruña, durante os días que se desenvolve o campamento.

Trátase dun campamento con catro características fundamentais:

  1. Aberto
  2. Gratuíto
  3. Na cidade
  4. Con continuidade.

É un campamento “diferente”, pois as rapazas e rapaces comen e durmen nas súas casas.

Un día importante do C.U. é a Xuntanza de Campamentos Urbanos, onde compartimos a xornada con outras rapazas e rapaces de distintos lugares de Galicia.

Datas e horarios

Primeira quincena de agosto

  • De 9:30 a 13:30

Dirixidas a nenas e nenos de 4 a 12 anos durante os periodos de vacacionáis.

Os tipos de actividades que se levan a cabo son, entre outros, obradoiros, xogos de mesa, actividades de animación á lectura, xincanas de auga, deportes, etc.

Obxectivos

  • Educar en valores a través do xogo
  • Favorecer a creatividade así como a participación e o traballo en equipo

Datas e horarios

Nos periodos de vacacións escolares de nadal e verán

  • De luns a venres de 8:30 a 14:00 (excepto festivos)