
| Grupo | Curso Escolar |
|---|---|
| Saltimbanquis | 1º a 3º de EP |
| Andaina | 4º a 6º de EP |
| ADS | 1º a 2º de ESO |
| Adolescentes 1 | 3º ESO |
| Adolescentes 2 | 4º ESO |
| Xuventude 1 | 1º Bacharelato ou equivalente |
| Xuventude 2 | 2º Bacharelato ou equivalente |
Proceso de Inscrición
O neno/a participou o ano pasado no IEF?
Desde Abeiro mandaráselle ás familias un correo indicando o momento e o proceder para renovar a inscrición a través de Bosconecta.
Participou no IEF anteriormente desde o curso académico 2024/2025 ou nalgún Campamento Urbano de Abeiro desde o verán de 2025?
Nota: non confundir Mañás de Verán con Campamento Urbano, son dúas actividades distintas.
Neste caso seguramente o/a menor estea xa dado/a de alta en Bosconecta e precisemos reactivalo/a en Bosconecta.
Mándanos un correo a cxabeiro@cxabeiro.org indicando o nome e apelidos do/a menor, o curso académico que está cursando actualmente e que precisades que o/a reactivemos en Bosconecta para poder realizar a inscrición no IEF.
O primeiro paso para realizar a inscrición no IEF é darse de alta na plataforma Bosconecta.
Unha vez desde Abeiro validemos a alta, recibirá un e-mail coas credenciais de acceso á Área Privada da plataforma e poderá finalizar a inscrición no grupo do IEF correspondente.
A continuación tedes unha pequena guía do proceso:
Se ten calquera dúbida co proceso de inscrición non dubide en poñerse en contacto connosco:
