Campamentos IEF 2026

Saltimbanquis

26 – 28 de xuño

99 €

Andaina

28 de xuño – 5 de xullo

279 €

ADS

5 – 12 de xullo

279 €

Adolescentes

12 – 19 de xullo

279 €

Xuventude 1 e 2

19 – 26 de xullo

279 €

Lugar: Salesianos A Mercé, Castrelo – Cambados

Reunión coas familias

O venres 6 de marzo ás 18:50 terá lugar nos locais do centro xuvenil (entrada por Rúa Don Bosco 1) unha reunión con todas as familias interesadas onde presentaremos de primeira man os campamentos e procuraremos resolver calquera dúbida.

Preinscrición

  • Periodo: ata o 29 de marzo
  • Os e as participantes que se inscriban neste prazo terán a praza asegurada.
  • Prezo:
    • Saltimbanquis: 15€
    • O resto: 50€

Inscrición

  • Periodo: do 30 de marzo ao 31 de maio.
  • Pago do resto da cota de inscrición.
    • Saltimbanquis: 84€
    • O resto: 229€
  • Poderase realizar novas inscricións baixo consulta previa de dispoñibilidade de praza.

MOI IMPORTANTE: a pesar de que Bosconecta o poida permitir, do 30 de marzo en adiante non se garante a praza en novas inscricións se non se consulta previamente a dispoñibilidade.

Proceso de inscrición

A través da web da área privada de Bosconecta ou da app.

Durante a inscrición, no apartado Datos del pago deberá marcar a opción de pago fraccionado para poder separar o pago da cota da preinscrición do resto.

Pagos

  • Mediante pasarela de pago a través de Bosconecta
  • Transferencia bancaria
  • En efectivo ou tarxeta no despacho do centro xuvenil

No momento de realizar a preinscrición/inscrición a través de Bosconecta detállase a información para os pagamentos.

Devolucións

  • Se se produce a baixa durante o periodo de preinscrición devolverase a cota aportada.
  • Se se produce antes do 31 de maio devolverase o aportado excepto a cota de preinscrición.
  • Se a baixa se produce despois do 31 de maio non se devolverá nada do aportado.
  • Se é por motivo xustificado de causa maior devolverase o 100% do aportado.

Lista de espera

No caso de que unha persoa se inscriba fóra do periodo de preinscrición e non haxa prazas dispoñibles poderase inscribir igualmente mediante o enlace da preinscrición e poñerase en lista de espera.

As persoas que estean en lista de espera non precisan pagar nada.