Que son os preanimadores/as?
No Campamento Urbano chamamos preanimadores/as aquelas persoas que queren participar como voluntarias neste proxecto e que non contan con ningunha experiencia previa no eido da animación de tempo libre ou que están no proceso de formación inicial da asociación.
Cales son as súas tarefas?
- Colaborar, baixo a supervisión dun/ha animador/a con experiencia, na execución das actividades.
- Participar no precampamento. Reunión que se realiza previo ao inicio do campamento con todo o equipo de animadores e preanimadores para a presentación do campamento, organización de grupos, dos días do campamento etc.
- Participar nas reunións diarias de preparación e avaliación.
- 30 – 45 minutos, antes do comezo das actividades, para axudar na preparación do material das actividades dese día.
- 30 – 45 minutos, tras o remate das actividades, para revisar como foi o día e repasar o seguinte.
Requisitos para ser preanimador/a
- Ser maior de 16 anos ou cumprilos no presente ano.
- Presentar o Certificado de Delitos de Naturaleza Sexual.
- Excepto se xa formas parte do equipo de preanimadores/as do centro xuvenil durante o curso.
- Adhesión ao noso Código de Conduta de Protección á Infancia.
- Este documento presentarase e explicarase nunha reunión previa ao inicio da actividade e asinarase o documento de adhesión a el.
- Compromiso de voluntariado segundo o disposto na Lei 10/2011, do 28 de novembro de acción voluntaria de Galicia
- Previo ao inicio da actividade a entidade enviará dito compromiso para a súa sinatura.
- No caso de menores este documento deberá ser asinado tamén polos seus titores.
Interésache?
Contacta connosco a través das canles que che ofrecemos aquí e atenderemos as túas dúbidas.
