Programa formativo para aquelas persoas que animan no Centro Xuvenil e aqueloutras que se incorporan á animación, desenvolvendo, con elas e dende elas, procesos persoais e grupais que faciliten o medre persoal e comunitario, a competencia na animación, a profundidade espiritual e a acción social transformadora.

Consta dos seguintes proxectos:

Xermolos

Formación inicial para aquelas persoas que comezan a animación en Abeiro, onde se plantexan algúns dos temas fundamentais do que significa ser animador/a nun Centro Xuvenil Salesiano, que significa a animación, a figura do animador, que é Abeiro, a Proposta educativa Salesiana…

Formación Permanente

Formación dos animadores de Abeiro onde de xeito regular plantéxanse contidos específicos de formación local, ademáis de motivar e apoiar a participación en cursos ou eventos formativos doutras entidades.