Contacto
- Coordinadores: Alberto García e Manu Barreiro
- Teléfono: 693 846 023 (horario de 9:00 a 14:00)
- E-mail: curbano@cxabeiro.org
Entradas e saídas
- A maior parte das actividades desenvólvense en diferentes espazos da cidade, saíndo desde o colexio e volvendo a él no horario establecido.
- Aínda así haberá algúns días que por motivos das distancias precisaremos cambiar os puntos de encontro e outros nos que sairemos da cidade e as horas poderán cambiar.
- Por iso a continuación tedes un resumo dos puntos e horas de comezo e fin de cada día.
Lugar | Comezo | Fin | |
---|---|---|---|
Luns 31 | Salesianos | 9:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) | 13:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) |
Martes 1 | Parque Sta Margarida | 9:30 Praza da Casa das Ciencias | |
Mércores 2 | Cidade Vella | 9:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) | 13:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) |
Xoves 3 | Vigo – Xuntanza C. Urbanos | 9:00 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) | 18:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) |
Venres 4 | Salesianos | 9:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) | 13:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) |
Lugar | Comezo | Fin | |
---|---|---|---|
Luns 7 | Torre de Hércules | 9:30 Na entrada á Torre, xunto á estatua de Breogán | 13:30 Na entrada á Torre, xunto á estatua de Breogán |
Martes 8 | Domus (Casa do Home) | 9:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) | 13:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) |
Mércores 9 | Praia de Cabanas | 9:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) | 17:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) |
Xoves 10 | Parque de Bens | 9:30 Entrada Parque de Bens (zona aparcamento) | 13:30 Entrada Parque de Bens (zona aparcamento) |
Venres 11 | Salesianos | 9:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) | 13:30 Portón do colexio salesianos (Pº Marítimo) |
A ter en conta
Para a boa marcha do campamento agradecemos que teñades en conta:
- Puntualidade no comezo e remate da activide.
- Traer roupa e calzado cómodo, así como unha gorra.
- Traer unha pequena botella de auga ou cantimplora co nome nela.
- Quen veña recoller o neno/a deberá traer o DNI/NIE para ser identificado/a.
- Só poderán recoller aos nenos/as as persoas indicadas como autorizadas na inscrición. No caso de querer engadir alguén máis deberán notificalo previamente indicando o nome, apelidos e DNI/NIE.
Fotografías
Nalgunhas ocasións as familias pídennos permiso para realizar algunha fotografía durante as actividades.
Comentarvos que isto está totalmente prohibido, só nós temos as autorizacións pertinentes do resto das familias para facelo e para o derradeiro día realizaremos unha video-montaxe ao que teredes acceso.
Comidas
Durante as actividades faremos un descanso a media mañá onde daremos algún aperitivo. Auga, zumes, froitas, sanwiches,.. tratando de variar un pouco cada día.
Por isto se non o indicáchedes na inscrición, necesitamos que nos informedes correctamente de calquera alerxia ou intolerancia alimenticia.
IMPORTANTE: Nos días en que fagamos actividades de mañá e tarde (praia e saída a Vigo) cada un/unha deberá traer a súa comida.
Autorizacións saídas
A continuación tedes as autorizacións dispoñibles das distintas saídas para a súa descarga