INFOABEIRO 26-10-06

Bo día a todos e todas! Esta fin de semana celébrase en Leon (ía ser nun principio en Cambados) o donbosco.com-tigo. Do noso centro Xuvenil van rapaces e rapazas de terceiro e cuarto de E.S.O. acompañados de Xabi e máis María Yáñez Por certo, desde esta mañá tendes nos vosos correos electrónicos a publicidade do Campobosco. Animámosvos a que non deixedes de participar se estades interesados. O Campobosco celébrase a vindeira fin de semana, 3, 4 e 5 do mes de Santos. A fin de semana, polo demais, preséntase coas seguintes actividades: - Dia 27, venres, a partir dos 18:30 e de xeito continuado até pechar a Sala Aberta, obraidoro de cabazas. Estas adobiarán estes días a nosa sala. Tamén, este día, ás 21:30 presentaremos o Campobosco a través dun video. - Dia 28, sábado, Magosto, desde as 20:30. Antes ás 19:30 poremos a película "Michael Collins" dentro do ciclo de cinema de temática irlandesa que coordina Fran Villaamil. Este domingo haberá equipo de traballo de Brincadeira, no que participa Ana Losada e o vindeiro xoves, día 2, ás 10:30 de mañá comeza a súa andaina neste curso o Proxecto Espabila. Por ultimo, lembrarvos varias cousiñas : - Material de refugallo informatico. compré ir levándoo ao Punto Limpo quen poida e teña tempo. - A páxina web témola que fornecer coas aportacións de todos e todas. - Hoxe, hai xoves de Oración ás 20:30 h. moitos saúdos para todos e todas en especial para Lucia Pita, Miguelanxo, Ana Formoso, Emanuela, Totó........

INFOABEIRO 19-10-06

As actividades que haberá na Sala Aberta para este mes de outubro son as seguintes: • Día 20, ÁS 21:30 horas: Parolando con NURIA GARCÍA sobre SENEGAL • Día 20-21, ás 18 horas: CAMPIONATO DE CARTAS MAGIC • Día 27, ás 18:30 horas: OBRADOIRO DE CABAZAS (SAMAÍN) • Día 27, ás 21:30 horas: Presentación do CAMPOBOSCO através do video do Campobosco do 2005 • Día 28, ás 19:30: Ciclo de CINEMA de temática irlandesa, "Michael Collins" • Día 28, ás 20:30 horas: MAGOSTO Amais o venres haberá xuntanzas dos grupos de Abrente e dos distintos proxectos para preparar as actividades que haberá o sábado. O domingo, día 22, en Santiago de Compostela, haberá asemblea extraordinaria da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco na que se escollerá a nova xunta directiva de dita entidade na que nós somos membros. O martes día 24 haberá Equipo Coordinador do Centro Xuvenil e o mércores día 25 xuntanza do Equipo de Xestión ás 20:15. Hoxe día 19 hai xoves de oración ás 20:15 e o domingo día 22, amais da asemblea, dicirvos que quen queira pode participar no apaño de castañas que levaremos a cabo por terras de Monterroso. Tamén esta fin de semana, Fer de Chao represéntanos en el Plantío (Madrid) na XX Asemblea estatal do MJS Por último, este sábado, 21 de outubro, chámasenos a participar na manifestación-concentración que POBREZA CERO celebrará na Coruña e no resto do Estado. En concreto na Coruña será no Obelisco de 11:00 a 14:00. Esta plataforma que agrupa a máis de 1000 organizacións, fai un chamamento á cidadanía para reclamar que se cumpran os obxectivos do milenio. Para máis información podedes consultar a seguinte páxina web: http://www.rebelatecontralapobreza.org/

O VINDEIRO SÁBADO, DÍA 7 DE OUTUBRO, ARRINCAMOS EN ABEIRO

O vindeiro sábado, día 7 de outubro, daremos comezo ás nosas actividades de fin de semana. Os proxectos Tardes Abertas, Andaina, ADS e Abrente póñense en marcha nos seguintes horarios: Tardes Abertas, para nenos e nenas de 6 a 8 anos, de 16:30 a 18:30, Andaina, nenos e nenas de 8 a 12 anos, e ADS, rapaces e rapazas de 12 a 14 anos, de 11:00 a 13:00; e Abrente, de 14 a 19 anos, de 10:00 a 17:00, xa que terán unha saída ao Parque de Bens.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter