INFOABEIRO 16-11-06

Hoxe ás 20:30 teremos a nosa oración dos xoves. Mañá venres haberá na Sala Aberta ás 19:30 ciclo de cinema de temática irlandesa que dinamiza Fran Villaamil. O sábado os ADS, trinta e cinco rapaces e rapazas apuntados, irán todo o día ao encoro de Cecebre. Este mesmo día ás 19 horas teremos o obradoiro de astronomía que dinamiza Jaime Martínez “O Ceo na Terra”. A vindeira semana no centro celebraranse as convivencias de segundo da eso que anima Xoán Soutullo. O martes, 21 do presente mes, haberá xuntanza do equipo de formación. Por último, lembrarvos (animadores e animadoras) que tendes que confirmar aos vosos coordinadores e coordinadoras a asistencia á asemblea de itinerario esta fin de semana, xa que o luns temos que dar número de asistentes.

Nova Secretaría Técnica da Federación

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galiza ven de renovar as persoas que ostentan os cargos da Federación e gran parte do equipo de a diario, o que chamamos a Secretaría Técnica. Neste momento está formada por: Presidente: Adrián R. Cruz. Secretario: Angel Rozas. Tesoureiro: Javier Pérez Ameneiro. Vocais: Javier Maillo, Farruco, Xabi Blanco, Eduardo Cea e Humpty Xestor: Xurxo

Seguir lendo

INFOABEIRO 09-11-06

Bo día a todas e todos! Estamos nestes intres a pechar a inscrición da acampada de Andaina para esta fin de semana e hai corenta e catro nenos e nenas apuntadas. A pasada semana houbo trinta e cinco nenas e nenos de Tardes Abertas que quedaron a durmir no Albergue. ADS non baixa de corenta rapaces e rapazas nas súas actividades de todos os sábados...Son números moi altos de participantes o que está a implicar un grande esforzo e compromiso por todos vós de non tentar faltar ás actividades das fins de semana. Ánimo na vosa laboura voluntaria e comprometida coa infancia e a mocidade. Hoxe ás 9:30 hai C.P.A. Ás 20:30 xúntase o equipo de solidariedade e a esta mesma hora na sala de corcho hai oración á que estades todos e todas convidadas. Mañá, venres, haberá Formación Permanente para todos e todas as animadoras e animadores. O tema será sobre a campaña de drogas da confederación de centros xuvenís "Infórmate, se vas saír" e que dinamizará Xurxo. O sábado ás 20:30 Collin Brent, o mozo inglés que asiste á nosa Sala Aberta coma colaborador todos os sábados á tarde, dinamizará o momento "Parolando con...", que desta vez será sobre o Reino Unido. Coidamos que pode ser un tempo interesante para coñecer outras realidades e culturas e que terá carácter de permanencia todos os meses. O pasado mes de outubro o Parolando con dinamizouno Nuria e foi sobre Senegal ao que asististes un importante número de animadores e animadoras. O luns 13 dará comezo a campaña da Confederación "Infórmate, se vas saír". Esta virá acompañada nun futuro dunha exposición e dalgunhas actividades entre as que sobrancea a do día 2 de nadal, unha tarde noite lúdico-festiva en Abeiro. O martes 14 xuntarase o Equipo Coordinador do Centro Xuvenil. Saúdos.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter