PROXECTO “LECEABEIRO”

Proxecto de gran amplitude, consistente na realización, execución e avaliación de accións destinadas ó desenvolvemento de programas e actividades de lecer socioeducativo que favorezan a educación e a promoción integral de nenos,nenas, mozos e mozas galegos/as no seu tempo libre. Así coma de dar a coñecer as ofertas que nos diferentes eidos ofrece o contorno e a cidade á mocidade.


Os beneficiarios son os nenos, mozos e voluntarios do contorno, especialmente aqueles con menos recursos xa que en todo momento estamos a falar de espazos abertos e gratuítos para a inclusión e o desenvolvemento de actividades lúdicas alternativas e sás.

Os resultados que se pretenden acadar son:

  • Promover proxectos que incidan na superación das causas que xeran a exclusión social, facilitando a inserción laboral a desempregados, facilitando a vida destas persoas.
  • Gañar calidade e eficiencia na oferta de actividades.

 

PROGRAMA DE COOPERACIÓN XUNTA DE GALICIA - CENTRO XUVENIL ABEIRO COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

ZUMBA ADULTOS CURSO 16-17

 

Para máis información e inscrición, pincha aquí

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter