Quen Somos

Somos unha asociación prestadora de servizos á mocidade que nace a finais de 1993 na cidade da Coruña e que ten por finalidade xeral a de contribuír no tempo libre á educación e promoción integral da infancia e a mocidade.

Os nosos proxectos e actividades tentan desenvolver propostas centradas nas nenas, nenos, mozas e mozos, favorecendo o seu crecemento integral e dando importancia ao ambiente, aos grupos e á relación persoal. 

Pertencemos á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galiza, entidade promovida polos distintos centros xuvenís salesianos do país que traballa no eido da prevención, da educación do tempo libre, da animación xuvenil e do desenvolvemento sociocultural.

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter