Que é A Quinta Pata?

O proxecto A Quinta Pata resulta de interese social posto que responde ao obxectivo de favorecer a promoción social e persoal dos/as menores, permitindo a igualdade de condicións e mellorando a situación actual das persoas destinatarias.

O grupo destinatario constitúeno menores de 12 a 16 anos, estean ou non escolarizados/as na Educación Básica Obligatoria. Chegan ao proxecto mediante a derivación ou ben do Servizos Sociais ou ben dos Departamentos de Orientación dos Institutos de Secundaria da zona Centro, de Monte Alto e de Adormideras da cidade de A Coruña. Igualmente, as familias e os/as menores poden vir derivados/as de outras entidades coas que a nosa asociación colabora.

A finalidade do proxecto consíguese mediante tres liñas de actuacións:

  1. Atención individualizada implicando isto a intervención individual, familiar e a creación de redes cos centros educativos, Servizos Sociais e outras entidades.
  2. Apoio educativo, reforzando os coñecementos previos e potenciando habilidades e capacidades básicas das persoas destinatarias.
  3. Fomento dun lecer alternativo e responsable que permita o desenvolvemento de habilidades sociais ademais da aprendizaxe da xestión dos tempos libres e o coñecemento dos recursos comunitarios.