ACAMPADA ANDAINA

Os vindeiros días 27 e 28 de Novembro teremos a nosa primeira acampada Andaina.

Será un momento especial de convivencia e xogos, por iso non a podes perder!!!

Se estás apuntado/a a Andaina podes descargar aquí a circular para inscribirte a partires deste LUNS 16, nos horarios e prazos que figuran na circular.

Agardámosvos!!!

 

CHEGADA ANDAINA-ADS XOVES 23

EStimase a chegada dos rapaces dos campamentos de Andaina e Ads, en torno ´as 14.30 horas, no portalon do colexio

Saltimbanquis

Saltimbanquis é un proxecto pensado para nenas e nenos de entre os seis e os oito anos que se xuntan todos os Sábados no Centro Xuvenil. 

Pretende educar en valores, acollendo coma método de aprendizaxe a dimensión lúdica, dende o estilo salesiano de Xoán Bosco.

 

Obxectivos:

  • Educar en valores humano-cristiáns dende o xogo
  • Crear un clima de acollida e amizade entre as nenas e nenos e as animadoras e animadores
  • Dar a coñecer as posibilidades que ten o xogo coma medio de aprendizaxe

Actividades: Todos os sábados á mañá de 11:00 a 13:00. Desenvolven xogos, obradoiros, pequenas aventuras… Ademais tamén fan saídas, acampadas, festas…

 

Outras actividades:

Xuntanza cos demais grupos de galiza, normalmente no mesmo dia e lugar que a xuntanza dos grupos Andaina.

Campamento de Verán tamén cos demais grupos de galiza nun fin de semana a finais de Xuño.

Andaina

Andaina é un proxecto dirixido para nenas e nenos entre os oito e os doce anos, que se xuntan todos os sábados á mañá nos locais do Centro Xuvenil. Pretende educar en valores humano-cristiáns a través de xogos e aventuras, tendo coma base o “Mundo dos Gnomos” e as “Sete regras de ouro do Bosque Andaina”.

 

Obxectivos:

  • Educar en valores humano-cristiáns a través do xogo.
  • Favorecer o crecemento e desenvolvemento persoal de todas as dimensións.
  • Favorecer o descubrimento da propia persoa e do contorno (persoas, acontecementos, natureza) de xeito máis autónomo e obxectivo.
  • Valorar a importancia do grupo para camiñar xuntos.


Estes obxectivos concretámolos nas “Sete Regras de Ouro”, que todo/toda Andaina debe respectar: 

  1. Respectamos, protexemos e amamos a natureza.
  2. Formamos un grupo unido e sentímonos irmáns.
  3. Somos limpos, ordenados, aplicados e aproveitamos o tempo.
  4. Estamos sempre dispostos a axudar a quen o precise; somos xenerosos e compartimos todo.
  5. Somos alegres e divertidos; levamos a ledicia aos/ás demais.
  6. Somos sinceros, obedientes e agradecidos con todas/todos.
  7. Rexeitamos a violencia e traballamos pola paz.

 

Actividades:

Todos os Sábados á mañá, de 11:00 a 13:00, desenvolven grandes xogos, obradoiros, rastrexos… Tamén fan saídas, acampadas, festas…

 

Outras actividades:

  • Xuntanza: Xúntanse todos os grupos Andaina de Galiza o sábado máis preto do 21 de marzo, Día Mundial da Árbore, que simboliza o cumpreanos de dito proxecto.
  • Día da imposición: Os animadoras/animadores das nenas e nenos impóñenlles o pano andaina ou o símbolo que corresponda (chapa, diploma…).
  • Campamento de verán: É o momento final do curso, despois do ritmo semanal de actividades. Desenvólvese no mes de xullo e xúntanse, durante nove días, as nenas e nenos dos grupos Andaina da nosa inspectoría.

ADS

ADS, Amigos Domingo Savio é un proxecto dirixido a rapazas e rapaces de entre os 12 e 14 anos co que se tenta traballar distintos valores humano-cristiáns (amizade, solidariedade, ledicia, diálogo, respecto, responsabilidade, compromiso, xustiza, creatividade, paz, ecoloxía…) desde unha clave lúdica e empregando a metodoloxía da aventura.

 

Obxectivos:

  • Potenciar e vivenciar valores humano-cristiáns a través de todo tipo de actividades lúdicas (xogos, deportes, obradoiros, festas, saídas…).
  • Axudar a desenvolver e consolidar as calidades, capacidades, actitudes e valores das rapazas e rapaces.

 

Actividades:

Todos os sábados á mañá, de 11:00 a 13:00, desenvolven grandes xogos, obradoiros, rastrexos, xincanas, xogos deportivos, cooperativos e de roles,… Tamén fan saídas, acampadas, festas…

 

Outras actividades:

  • Xuntanza: o Sábado máis próximo ao día 6 de maio, día de Domingos Savio, xúntanse todos os grupos ADS de Galiza nunha das cidades galegas onde hai estes grupos.
  • Día da imposición: As/Os animadoras/animadores das rapazas e rapaces impóñenlles os símbolos ADS's correspondentes.
  • Campamento de verán:Actividade que culmina e pon fin ao curso, resulta moi significativa ao xuntaren a todas/todos as/os ADS da Inspectoría durante 9 días do mes de Xullo.

Máis artigos

  • 1
  • 2

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter

Abeiro CX

RT @5Corunafs: Los equipos Infantil Femenino y Juvenil de la Academia Red Blue @5Corunafs se suman este sábado durante sus partidos a la Re…

by Abeiro CX

Abeiro CX

RT @5Corunafs: La Academia Red Blue @5Corunafs recogerá alimentos para la Operación Quilo puesta en marcha por el Centro Xuvenil Abeiro el…

by Abeiro CX