ACAMPADA ANDAINA

Os vindeiros días 27 e 28 de Novembro teremos a nosa primeira acampada Andaina.

Será un momento especial de convivencia e xogos, por iso non a podes perder!!!

Se estás apuntado/a a Andaina podes descargar aquí a circular para inscribirte a partires deste LUNS 16, nos horarios e prazos que figuran na circular.

Agardámosvos!!!

 

CHEGADA ANDAINA-ADS XOVES 23

EStimase a chegada dos rapaces dos campamentos de Andaina e Ads, en torno ´as 14.30 horas, no portalon do colexio

Proxecto de Interese Social A Quinta Pata

O centro Xuvenil Abeiro propón o proxecto A quinta pata no cal abordamos recursos e técnicas do eido social e do educativo que intentan diminuír as carencias nestes eidos e fomentar tódalas potencialidades dun grupo de mozos e mozas da localidade de A Coruña.

 

 

     Por que o nome?

A quinta pata é un xogo de palabras que alude a un refrán popular e que, tradicionalmente,  se traduce como unha acción que se debe evitar. Xeralmente dise que non se lle busque a quinta pata ao gato, pero...e se esa busca resulta ser positiva?

Pretendemos a confrontación do/a adolescente cos contidos e coas habilidades que se buscan traballar, de tal forma que aproveite o espazo que se lle brinda para cuestionar e ver a utilidade da aprendizaxe e da interacción grupal.

Por iso, A quinta pata será tamén un espazo de comunicación, interacción e esparcemento.

    Que xustifica este proxecto?

Contámosche que esta proposta non é nova posto que Abeiro xa viña desenvolvendo unha intervención similar anos anteriores, razón pola cal as necesidades e demandas que xustifican a súa implementación tampouco son de recente aparición na comunidade na que se atopa inmersa.

Gracias a que escoitamos a mozos e mozas que formaron parte do noso proxecto, así como ás conversas mantidas coas familias, cos Servizos Sociais e cos Departamentos de Orientación dos Centros Educativos cos que temos traballado, puidemos identificar conxuntamente unha serie de necesidades que, sobre todo, apuntan a unha carencia tanto de coñecementos básicos; técnicas, metodoloxías e hábito de estudo; como escaseo de habilidades sociais.

Decidimos compensar esta realidade e, a partires da detección desas necesidades, propoñemos accións heteroxéneas que se adapten a cada situación individual e que potencien todo o bo de cada mozo/a.

Estamos convencidos e convencidas do ideal de igualdade de oportunidades e ocuparémonos, polo tanto, das habilidades precisas para a consecución de tal fin.

    Que perseguimos?

Mais que recompoñer o mundo e volvelo pór no seu sentido máis común, perseguimos só dous importantísimos obxectivos:

 ...Que as e os adolescentes do noso proxecto adquiran aquelas técnicas instrumentais para dotarlles de coñecementos, destrezas e habilidades que lles permitan impulsarse  tanto no persoal como no social e que, na medida do posible, continúen nos seus procesos formativos .

...Que esas mesmas persoas se integren adecuadamente nun grupo de iguais mediante relacións sociais positivas.

    Onde se fai?

De luns a xoves estamos sempre nas nosas instalacións (R/Don Bosco, 1). Concretamente na última sala da pranta baixa.

Os venres, depende da actividade que levemos a cabo. Podemos estar como non estar, eche mellor preguntar.

    Quen pode ser destinatari@?

Tódalas persoas que teñan entre 12 e 16 anos e que ou ben os Servizos Sociais ou ben os Departamentos de Orientación dos seus centros educativos decidan que é un espazo idóneo para el ou para ela.

    Como o facemos?

Se nos vamos ao técnico, dirémosche que o noso método de actuar é dinámico e flexible, que a nosa intervención socioeducativa é individualizada e que todo o noso traballo vai dirixido cara ás potencialidades dos mozos e mozas e do grupo en xeral.

E se nos vamos á fala diaria, dirémosche que, sobre todo, poñéndolle gañas, asociándonos con outras entidades para fomentar o traballo común no noso barrio e buscando sempre novas ferramentas para nós, para as familias e para a rapazada.

    Que facemos?

Procurando que as accións a desenvolver sexan consensuadas conxuntamente polo equipo técnico do proxecto, a familia e o/a menor, os nosos días invertémolos en:

üApoio educativo: formulación de obxectivos individuais e seguimento; técnicas de estudo; asentamento de coñecementos e destrezas básicas.

üFomento de habilidades sociais e interacción grupal.

üComunicación asidua coas familias, cos centros educativos e con outras entidades de interese.

üCreación de espazos e actividades de lecer. Chamámoslles “Tardes de lecer” e cada venres ocupamos a nosa tarde de distinta maneira. 

     Cando é?

Estamos de luns a xoves de 17:30 a 19:30 facendo reforzo ou apoio educativo e os venres buscamos e gozamos de alternativas de lecer de 18:00 a 20:00 horas .

Mantemos conversas coas familias os martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas

Se nos queres contactar vía teléfono non dubides en facelo en calquera momento, se o móbil repica e non te collemos, devolverémosche a chamada en canto poidamos.

 ·         Gustaríache participar como voluntari@?

Estaremos encantados/as de explicarche máis pormenorizadamente a nosa asociación e o noso proxecto. Aínda así adiantámosche algunhas características imprescindibles do noso voluntariado:

    Ser maior de 18 anos

    Comprometerse a vir nos días e horarios acordados.

    Ser respectuoso coas ideas culturais alleas.

    Estar disposto a traballar en grupo.

Por último, dicirche que por motivos de calidade profesional e de respecto á confidencialidade das situacións individuais e familiares do grupo destinatario do proxecto, o voluntariado so realizará as súas accións os venres nas actividades de “Tardes de lecer”. Agradecémosche a túa comprensión, animámoste a formar parte dunha cidadanía máis activa e comprometida co seu eido local e agardámoste con toda esa bagaxe que seguramente nos aportes.

    Contáctanos

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

Rúa Don Bosco 1, 15003 A Coruña

aquintapata@cxabeiro.com

671 137 085

 

 

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter