Andaina

Andaina é un proxecto dirixido para nenas e nenos entre os oito e os doce anos, que se xuntan todos os sábados á mañá nos locais do Centro Xuvenil. Pretende educar en valores humano-cristiáns a través de xogos e aventuras, tendo coma base o “Mundo dos Gnomos” e as “Sete regras de ouro do Bosque Andaina”.

 

Obxectivos:

  • Educar en valores humano-cristiáns a través do xogo.
  • Favorecer o crecemento e desenvolvemento persoal de todas as dimensións.
  • Favorecer o descubrimento da propia persoa e do contorno (persoas, acontecementos, natureza) de xeito máis autónomo e obxectivo.
  • Valorar a importancia do grupo para camiñar xuntos.


Estes obxectivos concretámolos nas “Sete Regras de Ouro”, que todo/toda Andaina debe respectar: 

  1. Respectamos, protexemos e amamos a natureza.
  2. Formamos un grupo unido e sentímonos irmáns.
  3. Somos limpos, ordenados, aplicados e aproveitamos o tempo.
  4. Estamos sempre dispostos a axudar a quen o precise; somos xenerosos e compartimos todo.
  5. Somos alegres e divertidos; levamos a ledicia aos/ás demais.
  6. Somos sinceros, obedientes e agradecidos con todas/todos.
  7. Rexeitamos a violencia e traballamos pola paz.

 

Actividades:

Todos os Sábados á mañá, de 11:00 a 13:00, desenvolven grandes xogos, obradoiros, rastrexos… Tamén fan saídas, acampadas, festas…

 

Outras actividades:

  • Xuntanza: Xúntanse todos os grupos Andaina de Galiza o sábado máis preto do 21 de marzo, Día Mundial da Árbore, que simboliza o cumpreanos de dito proxecto.
  • Día da imposición: Os animadoras/animadores das nenas e nenos impóñenlles o pano andaina ou o símbolo que corresponda (chapa, diploma…).
  • Campamento de verán: É o momento final do curso, despois do ritmo semanal de actividades. Desenvólvese no mes de xullo e xúntanse, durante nove días, as nenas e nenos dos grupos Andaina da nosa inspectoría.

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter