Catecumenado

Abrente-Catecumenado é un proxecto dirixido a mozas e mozos entre 14 e 19 anos, que se desenvolve a través de pequenos grupos(e onde se convida a coñecer o estilo de vida de Xesús, fomentar o espírito crítico e medrar coma persoas dun xeito integral.)


Obxectivos:

  • Axudar a cada mozo e moza a camiñar na procura da súa identidade persoal e no descubrimento dos seus mellores valores coma persoa.
  • Traballar na consolidación dos grupos e medrar no senso de pertenza a eles.
  • Descubrir a figura liberadora e humanizadora de Xesús de Nazaré.
  • Levar a cabo propostas de transformación do ambiente, colaborando, activa e críticamente, no seu contorno máis inmediato.

 

Actividades semanais:

Segundo o grupo, os venres á tarde ou os sábados á mañá, reunión grupal. Tamén fan saídas de un día, acampadas, voluntariado…

 

Outras actividades:

Campamentos e cursiños de verán Nesta actividade do mes de xullo, xúntanse os grupos do mesmo nivel que existen nos diversos centros xuvenís da inspectoría e consiste en momentos de reflexión persoal e grupal, traballo en grupo, celebracións, saídas conxuntas, grandes xogos, deportes…

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter