Sons Abeiro

Obxectivos:

  • Facilitar un espazo para pór en común as calidades musicais dos mozos e mozas.
  • Promover e potenciar a sensibilidade musical dos mozos e mozas.
  • Favorecer a autonomía e organización na xestión da sala, así como a responsabilidade do seu uso.

O acceso a esta sala sería libre, mais baixo unha serie de compromisos escritos e ao cal terían que se comprometer todas as persoas que fixesen uso da mesma.

Horario:

  • De luns a mércores: 16:30-18:00
  • Venres: 18:30 a 21:30

Prezo:

Para poder empregar a Sala cobrarase un prezo simbólico para cada ensaio de 1€ por cada membro do grupo.

Destinatarios:

Rapaces e rapazas de Sala Aberta que saiban tocar algún instrumento e que participaran previamente nalgunha das actividades musicais propostas polo Centro Xuvenil e Grupos, previa aceptación das normas e cumprimentación da ficha de datos.

A solicitude da Sala ten que facerse á Coordinadora do Centro Xuvenil.

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter