Sala Aberta

Este proxecto vai dirixido ás/aos mozas/mozos de 13 anos en diante e tenta ofrecer, dende o tempo libre e de lecer, un espazo onde estas e estes poidan estar e desenvolver os seus intereses, gustos, inquedanzas…

 

Obxectivos xerais:

  • Xerar un espazo de lecer axeitado aos intereses, gustos, necesidades, expectativas e inquedanzas das/dos rapazas/rapaces
  • Promover e potenciar un ambiente lúdico-educativo onde as/os mozas/mozos se sintan acollidas/acollidos
  • Facilitar o desenvolvemento psicomotor, afectivo e social das rapazas/rapaces a través do lecer
  • Potenciar unha vivencia do lecer baseada na convivencia
  • Posibilitar que as/os rapazas/rapaces accedan a medios ou instrumentos lúdicos
  • Posibilitar o acceso a información xuvenil
  • Facilitar o desenvolvemento dos proxectos e ideas das/dos mozas/mozos
  • Favorecer o estabelecemento dunha visión alternativa do tempo de lecer no conxunto da mocidade e da poboación

 

Datas e horarios:

Dende principios de Outubro ata finais de Xuño.

  • De luns, martes e mércores de 17:30 a 18:30
  • Venres de 19:00 a 22:00

 

Actividades:

Ludoteca, Audioteca, Punto de Información Xuvenil, Hemeroteca, Banda Deseñada, Andel (exposicións, presentacións de libros, charlas, animación á lectura…), Cinema, Obradoiro de Guitarra, Carreiros e todas aquelas actividades propostas polas rapazas e rapaces.

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter