XVI CAMPAMENTO URBANO

Benqueridas familias:

A Asociación Centro Xuvenil Abeiro presenta o seu XVI CAMPAMENTO URBANO.

A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades  con seguridade. As principais novidades son as seguintes:

  • Promoveránse as actividades ao aire libre.
  • Reforzo significativo e limpeza exhaustiva de materiais e instalacións empregados.
  • O pequeno grupo de 10-15 membros será a base de toda actividade que se organice para evitar contactos masivos.
  • Incorpóranse novos hábitos como a entrada e saída gradual á actividade, medición de temperatura, inclusión do lavado de mans nas actividades, declaración responsable da saúde do participantes, grupos fixos, mampara na secretaria, utilización de xel, máscara e outros elementos sempre que sexa preciso nas actividades.
  • Seguimento diario de asistencia/ausencia coas familias.
  • Formación específica para monitores e dun xeito lúdico para rapaces/zas.
  • A secretaria coa inscrición será online.

DATAS E HORARIOS:

  • Do 27 de xullo ó 7 de agosto de 10.00 a 13.00.

Este ano de forma excepcional e por seguridade,  a apertura de portas pola mañá será de 9.40 ata as 10.00, e ao mediodía dende ás 12.40 ata ás 13.00, coa fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas, as cales serán asignadas previamente a cada rapaz/a.

Haberá unha reunión informativa  o XOVES 23 DE XULLO ás 18h no teatro do colexio, para todos os pais/nais dos rapaces/zas inscritos para informarvos sobre o desenvolvemento, organización e avisos das actividades. Pregamos a asistencia dun membro da familia por rapaz/a. Uso obrigatorio de mascarilla.

 

INSCRICIÓNS:

  • Prazas LIMITADAS.
  • Número mínimo de inscricións para o seu desenvolvemento.
  • Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas nados entre o 2005 e o 2013.
  • As inscricións  realizáranse de forma online ata o MERCORES 22 DE XULLO ÁS 13.00, MOMENTO NO QUE SE PECHARÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN.
  • As prazas asignáranse por rigurosa orde de inscrición.
  • *O primeiro día de actividade será preciso que traiades asinado o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil, que estará dispoñible na web proximamente.

Estaremos a vosa total disposición a través do teléfono 693.846.023. ou no correo electrónico do CAMPAMENTO URBANO: abeirourbanoxvi@gmail.com

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter