Mañás de verán 2018

Mañás de verán 2018

Inscrición: 

Archivos:
Inscrición Mañás de verán 2018 POPULAR
Fecha 2018-04-27 Tamaño del Archivo 676.96 KB Descargar 413 Descargar

Díptico: 

DÍTICO Mañás de verán 2018 POPULAR
Fecha 2018-04-27 Tamaño del Archivo 279.62 KB Descargar 413 Descargar

A Asociación Centro Xuvenil Abeiro vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas Mañás de Verán.

As actividades de Mañás de Verán realizaranse de luns a venres, do 25 de xuño ao 20 de xullo. O horario de mañá será desde as 09:00h. ata as 14:00h. dentro das instalacións de salesianos.

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade, tamén a participación e o traballo en equipo dos vosos fillos/as, e facilitarvos a conciliación da vosa vida laboral coa vosa vida familiar.

Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os rapaces/as nados entre ó 2006 e xuño do 2014,(5º E.I ata 6º EP).

Dámosvos a opción de que participen una, dúas, tres ou catro semanas que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Se os vosos fillos/as participan na primeira semana e queredes ampliar á segunda, sempre que queden prazas poderedes facelo, anotándovos ata o xoves da semana anterior; participando aqueles que poidan segundo a relación animadores/rapaces, e por rigorosa orde de inscrición.

O tipo de actividades que se levarán a cabo serán, entre outras, obradoiros, xogos de mesa, actividades de animación á lectura, xincana de auga, deportes,nas instalacións do Centro Xuvenil e do colexio.

Existe o servizo opcional de atención madrugadores, que teremos todos os días de 8:30h. a 9:30h e que custará 5 euros semanais a maiores do prezo da cota, como tamén o servizo de recollida ao mediodía de 14:00h. a 14.30.

Sempre se deixará e se recollerá o rapaz/a dentro do colexio, tendo que deixar notificado na ficha de inscrición quen é a persoa encargada de recoller ao participante.

A cota que terá que pagar por cada participante dependerá do número de semanas nas que participe, habendo tamén variacións no caso de que participen varios irmáns. Os prezos establecidos son os seguintes:

PREZOS
  TEMPO
  1 semana 2 semanas 3 semanas 4 semanas
Xeral 40€ 60€ 90€ 120€
Servizo madrugadores 8.30 a 9.30 45€ 70€ 105€ 140€
A partir do segundo irmán 5 € de desconto sobre o total

Estes prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións...

Non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente coa Coordinadora do Centro Xuvenil, para buscar a mellor solución entre todos.

Temos prazas limitadas polo que recolleremos as inscricións ata cubrir as prazas e despois entrarase nunha lista de espera. As inscricións recolleranse na Asociación Centro Xuvenil Abeiro e deberá entregarse xunto con toda a documentación.

En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se está cursada antes do 10 de xuño. Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolverase o 50% da totalidade polos gastos de xestión. A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte.

 Sen máis, agradecemos a vosa colaboración e participación, esperamos que esta iniciativa sexa do voso agrado. Recibide un cordial saúdo.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter

Abeiro CX

RT @5Corunafs: Los equipos Infantil Femenino y Juvenil de la Academia Red Blue @5Corunafs se suman este sábado durante sus partidos a la Re…

by Abeiro CX

Abeiro CX

RT @5Corunafs: La Academia Red Blue @5Corunafs recogerá alimentos para la Operación Quilo puesta en marcha por el Centro Xuvenil Abeiro el…

by Abeiro CX