Saída Andaina a Santa Cruz

O pasado sábado os Andaina realizamos unha saída a Santa Cruz para poder estar en contacto de forma máis directa coa natureza. 

Trala chegada á zona, dividímonos en grupos e comezamos un rastrexo no que fomos atopando pistas nas que había que realizar divertidas probas. E, por suposto, nas que aprendimos moitas cousas sobre a natureza e as árbores. 

 

Antes de repoñer forzas co xantar, estivemos a lembrar e aprender coa axuda dos Andaina máis veteranos o noso himno Andaina! 

Pola tarde, estivemos realizando xogos en equipo nos que corremos e disfrutamos todos xuntos un montón. E antes de marchar, houbo tempo para pararse a pensar un pouquiño sobre o que fixeramos ao longo do día e analizar como os nosos grupos van cumprindo os seus compromisos.

Foi un día estupendo, no que o tempo acompañou e agardamos que servise para acadar máis mazás para a nosa árbore andaina. No próximo día comprobarémolo!

OS ANDAINA: Somos alegres, divertidos; levamos a alegría aos demáis.

Este sábado en Andaina traballamos o sentimento de pertenza a un grupo; e xa se sabe que cando un forma parte dun grupo ten que ter un nome, un símbolo e uns compromisos que nos axuden a facer moitas cousas e pasalo ben.

Para ilo dividímonos en tres pequenos grupos e fixemos un obradoiro.

O primeiro que tivemos que facer foi buscar un nome relacionado con andaina que nos identificara. Foi moi divertido e saíron nomes moi orixinais e interesantes.

Pero cal sería o noso símbolo? pois moi sinxelo, cun anaquiño de gomaeva de cor azul fixemos un pasador para o noso pano de Andaina. Pero non un pasador calquera, o noso pasador é un pasador “personalizado”. Puxemos o nome do grupo, o nome de cada rapaz/a e algúns ata o decoramos con algún debuxo.

Ademáis, cada grupo ten un pasador cunha forma concreta: un rectangular, outro de forma de rombo e o outro de forma redonda.

Unha vez elixidos os nomes dos distintos grupo e feitos os nosos símbolos, cada grupo escribiu uns compromisos como grupo que se uniron os que xa temos como andainas.

E que mellor xeito de rematar a mañá que xogando todos xuntos.

Agora só queda que ao longo do que resta do curso, isto nos axude a potenciar os lazos de amizade cos nosos compañeiros e a sentirnos parte deste gran grupo que somos OS ANDAINA!!!

Feliz Día da Árbore!!!

Comeza un fin de semana moi especial, de agradecemento e de celebración...

A nosa festa, a nosa ANDAINA segue tendo sentido 25 anos despois.

Feliz día da árbore a todas e todos!

Vémonos mañán en León !!!

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter