
Autorizacións saídas
Estas circulares deberanse entregar cubertas o día anterior de cada saída como data límite.
Lugares de comezo e fin
A maior parte das actividades desenvólvense en diferentes espazos da cidade, saíndo desde o colexio e volvendo a él no horario establecido (9:30 e 13:30).
Aínda así haberá algúns días que por motivos das distancias precisaremos cambiar os puntos de encontro e outros nos que sairemos da cidade e as horas poderán cambiar.
A continuación tedes un resumo dos lugares de cada día.
Semana 1
| Luns 27 | Martes 28 | Mércores 29 | Xoves 30 | Venres 31 |
|---|---|---|---|---|
| Salesianos Portón Pº Marítimo | Salesianos Portón Pº Marítimo | Salesianos Portón Pº Marítimo | Salesianos* (Praia de Cabanas) | Monte de San Pedro Entrada ao parking |
Semana 2
| Luns 3 | Martes 4 | Mércores 5 | Xoves 6 | Venres 7 |
|---|---|---|---|---|
| Salesianos Portón Pº Marítimo | Torre de Hércules Estatua de Breogán | Maestranza Parking reitorado | Salesianos* (Xuntanza Vigo) | Salesianos Portón Pº Marítimo |
*O Xoves 30 de agosto faremos unha saída á praia de Cabanas e o día 6 teremos en Vigo a Xuntanza de Campamentos Urbanos dos Centros Xuvenís Salesianos de Galicia.
Estes días as actividades serán de mañá e tarde, polo que os horarios serán diferentes. Tédelos nas autorizacións que vos entregaremos para estes días.
Buses
Monte de San Pedro
- Liñas: 3 e 3A.
- 12 e 14 paran no alto dos Rosales.
Torre de Hércules
- Liñas: 3, 3A e 5.
Maestranza
- Liñas: 3, 5, 7 e 17.
Podedes consultar os horarios e liñas de autobuses na súa web.
Normas
Para a boa marcha do campamento agradecemos que cumprades coas seguintes normas:
- Puntualidade no comezo e remate da actividade
- Traer roupa e calzado cómodo, así como unha gorra
- Traer merenda e unha pequena botella de auga ou cantimplora co nome nela
- Quen veña recoller o neno/a deberá traer o DNI/NIE para ser identificado/a
- Só poderán recoller aos nenos/as as persoas indicadas como autorizadas na inscrición. No caso de querer engadir alguén máis deberán notificalo previamente indicando o nome, apelidos e DNI/NIE.
Contacto
- E-mail: curbano@cxabeiro.org
- Teléfono: 693 846 023 (horario de 9:00 a 14:00)
