Mañás de Verán 2026

- Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2022
- Datas: de luns a venres (agás festivos)
- do 22 de xuño ao 24 de xullo
- e do 10 de agosto ao 4 de setembro
- Lugar: instalacións de salesianos
- Horario: de 9:30 a 14:00 horas
- Servizo opcionais
- Madrugadores desde as 8:00
- Mediodía de 14:00 a 15:30
Inscricións
As actividades organízanse por semanas e podedes inscriviros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.
Podedes realizar a vosa inscrición ata o 14 de xuño para garantir a praza.
A partir desta data só se aceptarán inscricións para as datas dispoñibles no formulario.
Prezos
| 1ª e 2ª semana | 3 e 4ª semana | 5ª semana en adiante | Días soltos | |
|---|---|---|---|---|
| Xeral | 55 € / semana | 50 € / semana | 44 € / semana | 14 € / día |
| Socios/as Abeiro*, ANPA** ou Club Salesianos Coruña*** | 44 € / semana | 40 € / semana | 35 € / semana | 11 € / día |
* Considéranse socios/as de Abeiro aqueles rapaces inscritos nas actividades de Saltimbanquis e Andaina
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación
*** Deportistas do Club Salesianos Coruña, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verficiación co club
Irmán/s
No caso de irmáns/ás aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións do segundo irmán/á en adiante.
| 1ª e 2ª semana | 3ª e 4ª semana | 5ª semana en adiante | Días soltos | |
|---|---|---|---|---|
| Xeral | 52 € / semana | 47 € / semana | 42 € / semana | 14 € / día |
| Socios/as Abeiro*, ANPA** ou Club Salesianos Coruña*** | 42 € / semana | 38 € / semana | 33 € / semana | 11 € / día |
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación
*** Deportistas do Club Salesianos Coruña, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verficiación co club
Madrugadores
| Semana enteira | 18 € / persoa e semana |
| Días soltos | 4,50 € / persoa e día |
Mediodía
Quen queira quedarse ao mediodía poderá traer a súa friameira ou ben anotarse ao servizo comedor.
| Semana enteira | Día solto | |
|---|---|---|
| Friameira | 18 € / persoa e semana | 4,50 € / persoa e día |
| Comedor | 45 € / persoa e semana | 10 € / persoa e día |
Os prezos para as semanas cun festivo no medio será de 12€ para a modalidade friameira e 36€ para comedor
Devolucións
En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 14 de xuño.
A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.
