Mañás de Verán 2024
Se quere realizar ou modificar unha inscrición en Mañás de Verán póñase en contacto con cxabeiro@cxabeiro.org.
- Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2020
- Datas: de luns a venres (agás festivos)
- do 25 de xuño ao 26 de xullo
- e do 12 de agosto ao 6 de setembro
- Lugar: instalacións de salesianos
- Horario: de 9:30 a 14:00 horas
- Servizo opcional de madrugadores desde as 8:30
Inscricións
As actividades organízanse por semanas e podedes inscriviros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.
Podedes realizar a vosa inscrición ata o 16 de xuño para garantir a praza.
A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata o xoves anterior á semana na que querades anotarvos e sempre e cando haxa prazas libres contactactando con cxabeiro@cxabeiro.org.
Prezos
1 semana | 2 semanas | 3 semanas | 4 semanas | 5 semanas ou + | Días soltos | |
---|---|---|---|---|---|---|
Xeral | 45 € | 86 € | 127 € | 162 € | 40 € / semana | 11 € / día |
Socios/as Abeiro* ou ANPA** | 36 € | 69 € | 102 € | 130 € | 32 € / semana | 8 € / día |
* Considéranse socios/as de Abeiro aqueles rapaces inscritos nas actividades de Saltimbanquis e Andaina
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación
Irmán/s
No caso de irmáns/ás aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións do segundo irmán/á en adiante.
1 semana | 2 semanas | 3 semanas | 4 semanas | 5 semanas ou + | Días soltos | |
---|---|---|---|---|---|---|
Xeral | 43 € | 82 € | 121 € | 154 € | 38 € / semana | 11 € / día |
Socios/as Abeiro* ou ANPA** | 34 € | 66 € | 96 € | 123 € | 30 € / semana | 8 € / día |
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación
Madrugadores
Semana enteira | 12 € / persoa e semana |
Días soltos | 3 € / persoa e día |
Estes prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás.
Devolucións
En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 16 de xuño.
A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.