Mañás de Nadal 2025

- Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2022
- Datas: de luns a venres, do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (agás festivos)
- Lugar: instalacións de salesianos
- Horario: de 9:30 a 14:00 horas
- Servizos opcionais:
- Madrugadores desde as 8:00
- Mediodía de 14:00h a 15:30
- Servizos opcionais:
Esta actividade está suxeita a que haxa un número mínimo de participantes. No caso de non chegar a el avisaremos canto antes a partir do día 15 de decembro.
Inscricións
As actividades organízanse por semanas e podedes inscribiros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.
Podedes realizar a vosa inscrición ata o 14 de decembro para garantir a praza.
A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata o xoves anterior á semana na que querades anotarvos e sempre e cando haxa prazas libres.
Prezos
Os prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás.
| 1 semana | 2 semanas | 2 semanas + 2 días | Días soltos | |
|---|---|---|---|---|
| Xeral | 40 € | 77 € | 96 € | 13 € / día |
| Socios/as Abeiro, ANPA* ou Club Salesianos Coruña*** | 32 € | 61 € | 77 € | 9 € / día |
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación.
*** Deportistas do Club Salesianos Coruña, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verficiación co club.
Irmán/s
No caso de irmá/ns aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións da segunda irmá/n en adiante.
| 1 semana | 2 semanas | 2 semanas + 2 días | Días soltos | |
|---|---|---|---|---|
| Xeral | 38 € | 73 € | 91 € | 12 € / día |
| Socios/as Abeiro, ANPA* ou Club Salesianos Coruña*** | 30 € | 58 € | 73 € | 9 € / día |
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación.
*** Deportistas do Club Salesianos Coruña, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verficiación co club.
Servizos opcionais
| € / semana | 2 semanas + 2 días | Días soltos | |
|---|---|---|---|
| Madrugadores | 12 € / semana | 30 € | 4,50 € / día |
| Mediodía – Friameira | 12 € / semana | 30 € | 4,50 € / día |
| Mediodía – Comedor | 36 € / semana | 90 € | 10 € / día |
Pagamentos
O pagamento desta actividade pódese realizar das seguintes maneiras:
- Por transferencia bancaria:
- ES36 0049 0007 2722 1226 6290 (Santander)
- Beneficiario: Centro Xuvenil Abeiro
- Concepto: Nome do/a participante – Mañás de Nadal
- En efectivo ou con tarxeta:
- Achegándose a Rúa Don Bosco 1, recomendamos solicitar citar antes neste enlace.
Devolucións
En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 14 de decembro.
A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.
