Mañás de Nadal 2024

  • Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2021
  • Datas: de luns a venres, do 23 de decembro ao 3 de xaneiro (agás festivos)
  • Lugar: instalacións de salesianos
  • Horario: de 9:30 a 14:00 horas
    • Servizos opcionais:
      • Madrugadores desde as 8:00
      • Mediodía de 14:00h a 15:15 coa posibilidade de que os rapaces/zas coman neste tempo traendo unha friameira coa súa comida

Inscricións

As actividades organízanse por semanas e podedes inscribiros naquelas que máis vos interesen aínda que tamén hai a opción de anotarse en días soltos.

Podedes realizar a vosa inscrición ata o 18 de decembro para garantir a praza.

A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata o xoves anterior á semana na que querades anotarvos e sempre e cando haxa prazas libres.

Prezos

Os prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás.

1 semana2 semanasDías soltos
Xeral45 €86 €12 € / día
Socios/as Abeiro* ou ANPA**36 €69 €9 € / día
* Considéranse socios/as de Abeiro aqueles rapaces inscritos nas actividades de Saltimbanquis e Andaina
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación

Irmán/s

No caso de irmá/ns aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións da segunda irmá/n en adiante.

1 semana2 semanasDías soltos
Xeral43 €82 €12 € / día
Socios/as Abeiro* ou ANPA**34 €66 €9 € / día
* Considéranse socios/as de Abeiro aqueles rapaces inscritos nas actividades de Saltimbanquis e Andaina
** Só ANPA do CPR Salesiano San Juan Bosco, aqueles que indiquen ser socios/as deberán consentir a verificación coa asociación

Servizos opcionais

€ / semanaDías soltos
Madrugadores12 € / semana3 € / día
Mediodía12 € / semana3 € / día

Devolucións

En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 18 de decembro.

A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.