Proposta para a infancia e mocidade no seu tempo libre que pretende compatibilizar o goce, o descanso e a diversión co crecemento e desenvolvemento libre das persoas.
Este programa concrétase nos seguintes proxectos:
Este proxecto vai dirixido ás mozas e mozos de 12-13 anos en diante e tenta ofrecer, dende o tempo libre e de lecer, un espazo onde poidan estar e desenvolver os seus intereses, gustos, inquedanzas…
Obxectivos
- Xerar un espazo de lecer axeitado aos intereses, gustos, necesidades, expectativas e inquedanzas das mozas e mozos
- Promover e potenciar un ambiente lúdico-educativo onde se sintan acollidas/os
- Facilitar o seu desenvolvemento psicomotor, afectivo e social a través do lecer
- Potenciar unha vivencia do lecer baseada na convivencia
- Posibilitar o acceso a medios ou instrumentos lúdicos
- Posibilitar o acceso a información xuvenil
- Facilitar o desenvolvemento dos seus proxectos e ideas
- Favorecer o estabelecemento dunha visión alternativa do tempo de lecer no conxunto da mocidade e da poboación
Actividades
Ludoteca, Audioteca, Punto de Información Xuvenil, Hemeroteca, Banda Deseñada, Andel (exposicións, presentacións de libros, charlas, animación á lectura…), Cinema, Obradoiro de Guitarra, Carreiros e todas aquelas actividades propostas polas rapazas e rapaces.
Datas e horarios
Desde comezos de outubro ata finais de xuño
- Martes de 18:00 a 20:00
- Mércores de 17:30 a 20:00
- Xoves de 18:00 a 20:00
- Venres de 18:00 a 21:00
- Sábados de 16:00 a 21:00
É unha actividade dirixida a rapazas e rapaces de 6 a 12 anos que por diversas razóns pasan as súas vacacións de verán na Coruña, durante os días que se desenvolve o campamento.
Trátase dun campamento con catro características fundamentais:
- Aberto
- Gratuíto
- Na cidade
- Con continuidade.
É un campamento “diferente”, pois as rapazas e rapaces comen e durmen nas súas casas.
Un día importante do C.U. é a Xuntanza de Campamentos Urbanos, onde compartimos a xornada con outras rapazas e rapaces de distintos lugares de Galicia.
Datas e horarios
Primeira quincena de agosto
- De 9:30 a 13:30
Dirixidas a nenas e nenos de 4 a 12 anos durante os periodos de vacacionáis.
Os tipos de actividades que se levan a cabo son, entre outros, obradoiros, xogos de mesa, actividades de animación á lectura, xincanas de auga, deportes, etc.
Obxectivos
- Educar en valores a través do xogo
- Favorecer a creatividade así como a participación e o traballo en equipo
Datas e horarios
Nos periodos de vacacións escolares de nadal e verán
- De luns a venres de 8:30 a 14:00 (excepto festivos)