 Login
 Menú principal
 Calendario
Dec 2008 | | Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do | 1
 | 2
 | 3
 | 4
 | 5
 | 6
 | 7
 | 8
 | 9
 | 10
 | 11
 | 12
 | 13
 | 14
 | 15
 | 16
 | 17
 | 18
 | 19
 | 20
 | 21
 | 22
 | 23
 | 24
 | 25
 | 26
 | 27
 | 28
 | 29
 | 30
 | 31
 |  |  |  |  |  |  |  |  |  |  |  |
actividades novas descargas fotos |
 Foto ao chou
 Programación Anual
 Contacto
 Anel solidario
|
| Abeiro : Sala Aberta |
| Publicado por abeiro o 27/11/2008 18:45:14 (11 lecturas) |
 Mañá a Sala Aberta abre ás 20:45 para disfrutar dun concerto participativo co grupo.....

Bossa? Reggae?, Rumba?, Funky?.. |
|
| Andaina : Acampada en Compostela |
| Publicado por andaina o 27/11/2008 16:40:00 (21 lecturas) |
 Cun pouco de retraso da nosa viaxe as terras máxicas onde hai centos de gnomos xa podemos contarvos algunhas cousas da nosa aventura.
A aventura empezou como toda viaxe interesante,cheos de ganas e cargados de mochilas vultos e chuches pero que viñeron moi ben para a nosa viaxe en tren, que foi do máis estupendo e máis tendo en conta que tivemos a sorte de pasar a cabina do tren co maquinista...
|
|
| Abeiro : Concurso Novo Logotipo Abeiro |
| Publicado por miki o 24/11/2008 23:00:00 (30 lecturas) |
Tras unha primeira fase de presentación de propostas para o novo deseño do logotipo de Abeiro para os vindeiros anos, na que tivemos 40 deseños presentados, en total, vimos agora coa segunda fase. Despois da presentación deses deseños e o seu filtrado polo Equipo Coordinador e máis o equipo encargado da Celebración dos 15 anos, vos presentamos estas 6 posibilidades. Os que sexades ou forades animadores/as poderedes votar dúas opcións (distintas) entre elas.
En canto ás instruccións para realizar a votación, son moi sinxelas: 1. Ide a este enderezo, e dende alí poderedes realizar a vosa votación: http://www.cxabeiro.org/votacion
2. Cómpre que vos identifiquedes co correo electrónico e a clave que vos chegará ao enderezo do que dispoñemos en Abeiro. Se non vos chega correo algún antes do día 26, contactade con webmaster@cxabeiro.org e indicade o voso nome e o enderezo correcto.
3. De unha en unha, e tedes dúas posibilidades, seleccionaredes a opción que máis vos guste e máis nos represente, e picaredes en enviar. Cada opción que teñades votado aparecerá sinalada cun recadro azul. Ollo! Non hai opción de rectificar, así que coidade de seleccionar a opción axeitada!
4. Unha vez se esgoten os vosos votos, indicarase un erro, e xa non poderedes votar máis. Así de sinxelo.
 |
|
| Abeiro : Infoabeiro |
| Publicado por abeiro o 20/11/2008 9:28:17 (16 lecturas) |
 Nesta fin de semana...
Os Andaina marchan o venres de acampada, dende a estación do tren (19:30), a Compostela. A volta o sábado contra as 20:30, no mesmo lugar de partida. Tamén os Ads marchan de acampada, un pouquiño máis preto, a Santa Cruz. Partida, o sábado ás 10 da mañá dende a estación de autobuses, volta ás 13:15 do domingo, no mesmo lugar de partida. Na Sala Aberta...este venres temos a partires das 20 horas, un Obradoiro de pulseiras, dinamizado por Jesús e Fabi. Ás 19 horas do venres, reúnes o equipo de animadores de Catecumenado, e ás 19:30, o equipo de Ads. |
|
| Abeiro : Infoabeiro |
| Publicado por abeiro o 04/11/2008 14:30:48 (70 lecturas) |
 Esta semana que comezamos temos por diante: Este mércores ás 20:30 reunión cos pais/nais e titorandos dos nosos rapaces e rapazas do Itinerario. Xoves ás 19:30 Reunión do Equipo de Solidariedade. Baixo o lema "PÓNTE SOLIDARIO!!", ten lugar a segunda reunión deste equipo, que está a preparar toda a campaña da Operación Quilo. Venres, a partires das 20 horas, na Sala Aberta, Obradoiro de Carteiras de Cómic.Procurade traer algún tetrabrik e algunha viñeta de cómic, ou cómic que non empreguedes. Ademáis de todo isto, as Agrupacións desenvolverán as súas actividades no horario habitual e a Sala Aberta agardavós, para seguir compartindo xuntos o noso tempo de lecer. Boa semana a tod@s!!! |
|
|
|
 Eventos vindeiros
 As nosas festas
 Mellor Dito
Por qué estar "ata o gorro" ou "ata a coronilla", se temos de noso estar ata as tapas, os cumios, as puntas; estar cheo, farto; estar ata os forros, ata o cú, ata os collóns...?
¿Por que non en galego?
 As nosas cancións
 Somos Federación
 Peto solidario
Continúa aberto o peto Solidario. Podedes facer as vosas aportacións no despacho do Centro Xuvenil, onde o "porquiño solidario" vos agarda. O recadado destinarase a Campaña de Mans Unidas.
 Enquisas
 Fotos Recentes
|