Encontro ADOS/XUVEN – “Mirando ao Futuro”

Do 8 ao 9 de febreiro terá lugar en Santiago de Compostela o encontro de grupos de Adolescentes (ADOS) e Xuventude da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
Inscrición
- Ata o mércores 5 de febreiro a través de Bosconecta
- Prezo 15€, non inclúe os desprazamentos
- O método de pagamento detállase no momento da inscrición.
Desprazamentos
Os desprazamentos realizaranse en transporte público (bus) e cada quen pagará o seu, recomendamos sacar a tarxeta “Tarxeta Xente Nova”
Horarios
- En canto teñamos organizados os desprazamentos avisaremos aos/ás participantes.
Que hai que levar?
- Xantar do sábado
- Saco de durmir (se non dispón deles contactar connosco)
- Esterilla, toalla, útiles de aseo, pixama, muda e roupa de abrigo.