Campamentos IEF 2026

Reunión coas familias
O venres 6 de marzo ás 18:50 terá lugar nos locais do centro xuvenil (entrada por Rúa Don Bosco 1) unha reunión con todas as familias interesadas onde presentaremos de primeira man os campamentos e procuraremos resolver calquera dúbida.
Preinscrición
- Periodo: ata o 29 de marzo
- Os e as participantes que se inscriban neste prazo terán a praza asegurada.
- Prezo:
- Saltimbanquis: 15€
- O resto: 50€
Inscrición
- Periodo: do 30 de marzo ao 31 de maio.
- Pago do resto da cota de inscrición.
- Saltimbanquis: 84€
- O resto: 229€
- Poderase realizar novas inscricións baixo consulta previa de dispoñibilidade de praza.
MOI IMPORTANTE: a pesar de que Bosconecta o poida permitir, do 30 de marzo en adiante non se garante a praza en novas inscricións se non se consulta previamente a dispoñibilidade.
Proceso de inscrición
A través da web da área privada de Bosconecta ou da app.
Durante a inscrición, no apartado Datos del pago deberá marcar a opción de pago fraccionado para poder separar o pago da cota da preinscrición do resto.

Pagos
- Mediante pasarela de pago a través de Bosconecta
- Transferencia bancaria
- En efectivo ou tarxeta no despacho do centro xuvenil
No momento de realizar a preinscrición/inscrición a través de Bosconecta detállase a información para os pagamentos.
Devolucións
- Se se produce a baixa durante o periodo de preinscrición devolverase a cota aportada.
- Se se produce antes do 31 de maio devolverase o aportado excepto a cota de preinscrición.
- Se a baixa se produce despois do 31 de maio non se devolverá nada do aportado.
- Se é por motivo xustificado de causa maior devolverase o 100% do aportado.
Lista de espera
No caso de que unha persoa se inscriba fóra do periodo de preinscrición e non haxa prazas dispoñibles poderase inscribir igualmente mediante o enlace da preinscrición e poñerase en lista de espera.
As persoas que estean en lista de espera non precisan pagar nada.
